O BNG exixe a reapertura da aula CeMIT
O Pleno acordou no mes de marzo cubrir esta praza para garantir a continuidade deste servizo.
O goberno local leva case dous meses dando voltas sen aclarar que pretende facer con esta aula a pesar de que a ten recoñecida como aula de referencia por parte da Xunta e que teñen xa a axuda de 15 000 .
Betanzos, 10 de maio de 2014. O BNG reclamou ao goberno local do PSOE que deixe de marear a perdiz e contrate xa unha persoa para cubrir o posto de Axente TIC e volver a emprestar o servizo da Aula CeMIT á veciñanza cando menos coa mesma frecuencia e calidade que ata o pasado mes de decembro. Os nacionalistas recordan que o Pleno acordou no mes de marzo cubrir esta praza para garantir a continuidade deste servizo de alfabetización dixital e aprendizaxe de novas tecnoloxías. O pasado 5 de febreiro a Xunta concedeu unha subvención de 15 000 euros para financiar a Aula pero o goberno continúa dando voltas para non abrila, explica o voceiro nacionalista, Henrique del Río.
A Xunta asinou un convenio coa Federación Galega de Municipios e Provincias para que xestione ela as axudas para estas aulas, explica. O goberno local di que non ten claro que a subvención poida destinarse a contratar persoal a pesar de que en dúas ocasións a FEGAMP xa lle respondeu que esta subvención pode dedicarse á contratación dun axente TIC ou a calquera outra actividade relacionada co funcionamento da Aula, explica o voceiro nacionalista, Henrique del Río.
Non ten sentido que o goberno diga que non está clara a finalidade da axuda, aseguran os nacionalistas. Desde o BNG lamentan que o goberno local leva case dous meses dando voltas sen aclarar que pretende facer con esta aula a pesar de que a ten recoñecida como aula de referencia por parte da Xunta e que teñen xa a axuda de 15 000 .
O Pleno acordou no mes de marzo cubrir esta praza para garantir a continuidade deste servizo
Os nacionalistas advirten que desde que a anterior axente TIC rematou o seu contrato a aula só abre en horario de mañá, porque abre e pecha a porta da aula o encargado da OMIX, mais sen atender nin dar ningún tipo de solución o impartir actividades ás persoas que utilizan a sala. Isto ten motivado as queixas dun importante grupo de persoas usuarias, que mesmo organizaron unha recollida de sinaturas demandando ao goberno local que solucione esta situación, que xa dura tres meses.
O BNG volveu reclamar no Pleno do pasado mes que o goberno local do PSOE aclare porqué motivo se mantén esta situación e cando pensan poñerlle solución, explicou Henrique del Río, xa que nos están chegando reiteradas queixas da veciñanza que mesmo entregou sinaturas no Concello exixindo unha solución.