O BNG presentará unha proposta para dinamizar o deporte de base
Del Río: Os sucesivos gobernos locais reduciron tanto a calidade como a variedade na xa case inexistente oferta deportiva municipal.
Betanzos, 18 de setembro de 2012. O BNG presentará no Pleno unha proposta para dinamizar o deporte de base. No BNG entendemos necesario adaptar os recursos propios do noso Concello e os das outras entidades que están á nosa disposición a través de diferentes plans de promoción da actividade física e do deporte, explicou Henrique del Río. é preciso achegar un abano de actividades e infraestruturas deportivas que respondan ás necesidades e demandas de todos os veciños e veciñas.
Os sucesivos gobernos locais reduciron tanto a calidade como a variedade na xa case inexistente oferta deportiva municipal e a delegación total da xestión das principais instalacións deportivas nun sector privado que se aproveitou dunha situación de privilexiado monopolio para as deixar caer por un deficitario mantemento, segundo o voceiro nacionalista, provocando a diminución do número de actividades de xeito indiscriminado.
Desde o BNG proponen realizar un labor de promoción do deporte escolar mediante escolas deportivas municipais en colaboración coas ANPAs, as asociacións deportivas e os clubes betanceiros. Así como, promover as actividades deportivas e recreativas para as persoas adultas e a 3ª idade dentro dun de saúde municipal.
Consideramos que sería important editar unha publicación que recolla e promova o facer das asociacións, clubes e colectivos deportivos de Betanzos, indicou o portavoz nacionalista, que informaron que esta proposta lles foi trasladada polos clubes deportivos nas reunións que mantiveron para recoller suxerencias en relación cos orzamentos municipais.
O BNG defenderá tamén a necesidade de impulsar a práctica e a difusión dos deportes tradicionais, recuperando espazos para a súa práctica e dándoos a coñecer nos eventos deportivos e nas escolas deportivas municipais.