O BNG presenta na Angustia as súas iniciativas para mellorar a seguridade viaria
O BNG presentou unha alegación aos orzamentos do Estado, unha iniciativa no Congreso e outra no Pleno do Concello.
O BNG presentou unha alegación aos orzamentos do Estado, unha iniciativa no Congreso e outra no Pleno do Concello.
Betanzos, 27 de setembro de 2011. O BNG está a repartir na Angustia un boletín extraordinario que dá conta das iniciativas da formación no relativo á demanda de maior seguridade viaria na N-VI ao seu paso pola zona. Este é un compromiso que os nacionalistas adquiriron coa veciñanza da Angustia e do que van rendir contas diante da xente.
O BNG trasladou ao Congreso dos Deputados o problema de seguridade existente. O vicesecretario xeral do PSOE e ministro de Fomento tardou máis dun ano en responder ao portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, para descartar tomar novas medidas. Cando tivo coñecemento desta resposta, o BNG levou ao Pleno a demanda de mellorar a seguridade viaria na zona. Todas as iniciativas e a resposta de Fomento están a chegar a todas as casas da Angustia nun boletín extraordinario.