O BNG pregunta no Pleno polo dispositivo de limpeza viaria nas festas
Durante as festas non se viu o servizo especial de limpeza estival que o goberno anunciara que o Consorcio faría, coas conseguintes molestias para a veciñanza
Betanzos, 30 de agosto de 2014. O BNG trasladou ao Pleno a insuficiencia do servizo de limpeza viaria no mes de agosto, especialmente durante as festas.
O goberno local anunciou en primavera que durante as festas sería reforzado o servizo de limpeza, explicou María Otero, concelleira do BNG, cando presentou a programación das festas o PSOE asegurou que parte dos 150 000 euros de orzamento das festas eran para reforzar o servizo de limpeza. E malia todo isto, o lixo amoreouse durante as xornadas feriadas.
A nacionalista recordou que o PSOE, agora no goberno, facía duras criticas ao goberno anterior do PP polo desleixo na limpeza viaria. Durante as festas non se viu o servizo especial de limpeza estival que o goberno anunciara que o Consorcio faría, coas conseguintes molestias para a veciñanza, indicou María Otero.
O goberno local anuncia continuos plans e mesmo obras que despois nunca levan a cabo. E no servizo de limpeza en concreto levan os últimos 3 anos prometendo melloras, cando a realidade é que a limpeza viaria segue sendo insuficiente e recollemos continuas queixas da veciñanza por este servizo, criticou a concelleira nacionalista. Non consideran pouco ético anunciar servizos que logo non se emprestan?
O BNG critica que o gasto en festas non se corresponde co orzamento
Os orzamentos aprobados pola xunta de goberno local destinaban 160 000 euros ao programa de festexos sen embargo, o goberno local, dixo que a partida para as festas de agosto era de 150 000 euros, explicou Maria Otero. Non nos estraña que lle intenten ocultar á veciñanza a cantidade indecente que malgastan en festas coa que está caendo.