O BNG pide no Pleno que os xulgados utilicen as portas laterais para evitar o tráfico no Campo
Suprimiríase a circulación e estacionamento de vehículos nas inmediacións dos xulgados, mellorando a seguridade na praza.
Suprimiríase a circulación e estacionamento de vehículos nas inmediacións dos xulgados, mellorando a seguridade na praza.
Betanzos, 26 de agosto de 2011. O BNG levou ao Pleno o tráfico de vehículos na praza do Campo debido á actividade dos xulgados. O Portavoz Municipal do BNG, Henrique del Río, indicou que “con certa frecuencia o Campo é atravesado por autobuses ou furgóns da Guardia Civil camiño do xulgado”, lembrando que o edificio dos xulgados, o antigo Hospital de San Antonio, “conta cunha entrada lateral e outra traseira que poderían evitar este tránsito a través da principal praza da nosa cidade”.
Por este motivo, os nacionalistas reclamaron do goberno local a adopción de medidas para que os xulgados “utilizar, ou adaptar en caso de que agora tecnicamente sexa imposíbel, estes outros accesos e evitar a circulación e estacionamento na praza” do Campo, principal da cidade e de uso peonil. Deste xeito suprimiríase a circulación e estacionamento de vehículos nas inmediacións dos xulgados, mellorando a seguridade na praza.