O BNG pide medidas concretas para paliar a alarmante subida do desemprego na comarca

O BNG pide medidas concretas para paliar a alarmante subida do desemprego na comarca

Henrique del Río e Antonio Fafián, do Consello Local, nunha comparecencia pública

“A práctica totalidade das persoas que pasaron a estar sen emprego en xaneiro en Betanzos son mulleres; o desemprego feminino medra alarmantemente”.

Betanzos, 7 de febreiro de 2014. O BNG demandou unha “aposta decidida” da Xunta e o Concello para atallar as “alarmantes cifras de desemprego” na localidade. O voceiro nacionalista, Henrique del Río, explicou que “hai 21 persoas máis sen emprego desde xaneiro”, o que sitúa a cifra total en 1206 persoas sen emprego. “Isto sen contar as que xa nin sequera se anotan no paro e as que marcharon a buscarse a vida na emigración”, engade.

O PP votou en contra das iniciativas que o BNG presentou no Parlamento sen ter alternativas

A dicir do BNG, tanto a Xunta como o goberno local deberían buscar alternativas para que toda esta xente atope emprego en lugar de “anunciar plans e cursos que nunca chegan” e que “provocan aínda máis frustración e malestar na xente”.

LER MÁIS...

O BNG pide medidas concretas para paliar a alarmante subida do desemprego na comarca