O BNG pide que se invista en servizos os cartos da campaña publicitaria Betanzos tan cerca
"Aínda están tirados no baixo da Casa Consistorial os panfletos da última campaña deste tipo que fixo o PSOE
O PP votou a favor de facer esta campaña no Pleno do 25 de novembro de 2014 e agora que o PSOE a leva adiante a critican, pero é que ademais o PP fixo unha campaña igual no concello de aquí ao lado, Abegondo quérete
Betanzos, 12 de marzo de 2015. O BNG cuestionou o dispendio de cartos públicos na campaña publicitaria que ven de anunciar o goberno local para tratar de atraer nova p
oboación. É delirante que o goberno do PSOE, que nos tivo castigados a todos os veciños e veciñas coas rúas cheas de lixo, as beirarrúas rebentadas e os parques a monte anuncie sen ruborizarse que vai tirar os nosos cartos en valos publicitarios na Coruña, Santiago e Ferrol, lamentou o voceiro nacionalista, Henrique del Río.
Cando se tratou este asunto no Pleno desde o BNG defendimos que a forma de seducir a outra xente para que veña vivir a Betanzos son máis e mellores servizos públicos, recorda Del Río. Ningúen vai vir vivir aquí por ver un valo verde na Gándara ou en Eirís engade. O Casco Histórico caendo a cachos diante da indolencia de PSOE e PP, o colexio masificado, o transporte público desmantelado ou máis de mil persoas no desemprego e sen alternativas de emprego pesan máis que un valo verde á hora de tomar unha decisión como mudar de residencia, aseguran.
Aínda están tirados no baixo da Casa Consistorial os panfletos da última campaña deste tipo que fixo o PSOE
Desde o BNG consideran que a poboación non vai medrar nin se vai manter a base de panfletos e valos publicitarios, senón que a xente busca bos servizos. Polo tanto, máis e mellores servizos son a garantía de manter e medrar en veciñanza, cousa que non garante o dispendio en propaganda ao que é tan dado este goberno, explica Del Río.
Aínda están tirados no baixo da Casa Consistorial os panfletos da última campaña deste tipo que fixo o PSOE, engade Del Río. Unha campaña cuns resultados que están aí para ver, non só non se chegaron aos 16 000 habitantes que buscaba o PSOE senón que Betanzos ven perdendo poboación nos últimos anos, relata. E perde poboación porque hai mellores servizos noutros lados e porque a veciñanza emigra a buscar traballo a outros concellos e outros países, engade. E aí era onde debería actuar o goberno local en lugar de queimar os cartos dos nosos impostos en papeliños, ironiza.
Os nacionalistas amosáronse sorprendidos tamén pola hipocrisía do PP. Resulta que o PP votou a favor de facer esta campaña no Pleno do 25 de novembro de 2014 e agora que o PSOE a leva adiante a critican, asegurou Del Río. Pero é que ademais o PP fixo unha campaña igual no concello de aquí ao lado, Abegondo quérete, engadiu. Ou son uns hipócritas ou o que non lle gusta ao PP é que Betanzos tan cerca se parece demasiado ao cerca de ti que foi o lema de campaña do PSOE, ironizou.
Opacidade nos contratos desta campaña
O BNG pediu acceso a todos os contratos desta campaña publicitaria contratada polo goberno local. Pedimos que se nos informe de canto se vai gastar en deseñar esta campaña, tanto en deseñala, publicala, rexistrar as marcas explica Del Río.
Segundo a lei teñen cinco días para darnos toda esta documentación relata. Pedimos a información ao día seguinte de enterarnos de que existía este dispendio polos medios de comunicación e aínda nada nos deron, denuncia. Pero non lles digas que o Concello de Betanzos non é transparente que aínda encima o PSOE faise o ofendido ironiza.