O BNG pide ao goberno local que aclare se legalizará ou retirará a pista de salto das Catro Estacións

pasatempo 1
Pista de salto a carón da Fonte das Catro Estacións

Desde o BNG esixiron ao goberno local que informe de canto pensan manter a pista nese emprazamento e en que momento ten pensado retirar a pista provisional.  Tamén pediron ao goberno local que informe de en que ubicación ten previsto construír a pista de salto definitiva

Amelia Sánchez: “Teñen pensado recoñecer nalgún momento que as autorizacións de Patrimonio para a obra en cuestión non existen? Están tramitando desde o concello algún expediente para mantela definitivamente nesa ubicación?”

O BNG pide ao goberno local que aclare se legalizará ou retirará a pista de salto das Catro Estacións

Betanzos, 27 de xaneiro de 2021. O BNG trasladou de novo ao Pleno a problemática da Pista de Salto que o goberno local instalou dentro do BIC do Pasatempo. “Na sesión plenaria de decembro de 2020 preguntabamos polos traballos que estaban a desenvolver nas proximidades da fonte das Catro Estacións, que está incluída no BIC do Pasatempo. Preguntabamos, igualmente, se a Dirección Xeral de Patrimonio tiña coñecemento destes traballos e se os autorizara”, explicou a portavoz do BNG, Amelia Sánchez. 

“A día de hoxe sabemos que a obra ía encamiñada a construír unha pista de salto, mais seguimos a agardar pola documentación que pedimos a través do rexistro cos permisos de Patrimonio. A través da prensa, informouse á veciñanza do carácter provisional da mencionada pista de atletismo”, engadiu a portavoz nacionalista. 

Desde o BNG esixiron ao goberno local que informe de canto pensan manter a pista nese emprazamento e en que momento ten pensado retirar a pista provisional.  Tamén pediron ao goberno local que informe de en que ubicación ten previsto construír a pista de salto definitiva.

Permiso de patrimonio inexistente

O BNG insistiu en pedir copia da tramitación do permiso para esta obra diante de Patrimonio e lembrou que tamén teñen pedido esta información á Xunta de Galiza, a través da deputada nacionalista Mercedes Queixas, sen que polo momento nin o concello nin a Xunta lles facilitaran a información.

“Teñen pensado recoñecer nalgún momento que as autorizacións de Patrimonio para a obra en cuestión non existen? Están tramitando desde o Concello algún expediente para mantela definitivamente nesa ubicación?”, concluíu Amelia Sánchez.

O BNG pide ao goberno local que aclare se legalizará ou retirará a pista de salto das Catro Estacións