O BNG esixe no Pleno transparencia e igualdade na selección de persoal

Henrique del Río:“a actitude prepotente do goberno fai lembrar os peores anos da maioría absoluta do PSOE”.
 

O BNG esixe no Pleno transparencia e igualdade na selección de persoal

Henrique del Río:“a actitude prepotente do goberno fai lembrar os peores anos da maioría absoluta do PSOE”.

Betanzos, 27 de xullo de 2011. O BNG presentou no Pleno de onte unha moción de urxencia para forzar a revisión das bases xerais de contratación de persoal do Concello. O BNG presenta esta iniciativa logo de esixir ao goberno de Ramón García a paralización dun proceso selectivo por non cumprir cuns mínimos requisitos de publicidade para garantir que todas as persoas tivesen as mesmas oportunidades de optar á praza.

Por este motivo, a moción do BNG tamén esixía ao goberno local que cumpra con todos os requirimentos legais nas contratacións de persoal de todo tipo que realice o Concello, sinaladamente no relativo a criterios de publicidade e a comunicación aos órganos representativos dos traballadores municipais- excluídos polo PSOE no proceso que ven de recorrer o BNG.

Segundo explicou o Portavoz Municipal do BNG, Henrique del Río, a falta de transparencia do proceso “é unha cuestión máis política que técnica” que fai lembrar a “actitude prepotente dos peores anos da maioría absoluta do PSOE”.
Novas relacionadas:

O BNG esixe no Pleno transparencia e igualdade na selección de persoal