O BNG denuncia a hipocrisía do PSOE con respecto ao tren
O alcalde non respondeu á solicitude de xuntanza e respaldo do sindicato maioritario entre os ferroviarios.
Betanzos, 3 de xuño de 2013. O BNG denunciou no Pleno que, a pesar de que hai uns meses o Pleno aprobou unha moción do BNG en defensa dos camiños de ferro o alcalde non respondeu á solicitude de xuntanza e respaldo do sindicato maioritario entre os ferroviarios, a CGT.
Este feito foi denunciando publicamente por integrantes do sector ferroviario desta central sindical durante o acto público celebrado co BNG, no que se informou sobre as intencións do Ministerio de Fomento de suprimir desde o 1 de xullo tres cuartas partes dos trens que fan parada en Betanzos. Ou que pasan e paraban e agora van pasar de largo, segundo a Ministra, ironizou o voceiro do BNG, Henrique del Río.
A concelleira do BNG María Otero, denunciou no Pleno a actitude do alcalde. Se non tiñan pensado facer nada en defensa do tren de proximidades, para que apoiaron de xeito hipócrita a moción do BNG?, interpelou a nacionalista. Desde o BNG esixiron coñecer por que non deron traslado deste escrito ao Pleno?, cousa que si fai o goberno do PSOE con escritos de outras entidades e institucións cando son favorábeis aos seus posicionamentos.
Falta de información sobre a supresión de frecuencias ferroviarias
O BNG denunciou a falta de información de Renfe sobre a supresión de paradas en apeadeiros coma o de Oza dos Ríos, Miño ou Perbes. Non houbo ningunha información de frecuencias se suprimiron, criticaron desde o BNG, a única maneira de ter acceso a esa información e consultar directamente os hor
arios na páxina web de Renfe e, aínda así, comprobamos que non todos están correctamente actualizados.
Desde o BNG criticaron tamén que con estas medidas se desmantela a articulación ferroviaria por tren da comarca. Oza dos Ríos quedaría cunha soa parada diaría e en Miño e Perbes suprimen todas as paradas, explicou a responsábel do BNG das Mariñas, Cristina López, o que están facendo e imposibilitar calquera comunicación por tren dentro da propia comarca, xa que non hai maneira de poder viaxar en tren e volver no mesmo día a cabeceira comarcal e do partido xudicial que é Betanzos.
No caso de Betanzos, suprimen unha das frecuencias de Betanzos cidade por media distancia pero si que é certo que se amplian en Betanzos Infesta xa que se poñen en circulación mais trens que fan percorridos de longa distancia. As frecuencias de trens que pasan por Betanzos e por Betanzos Infesta, sobre todo, si que é certo que se manteñen ou incluso se incrementan lixeiramente, explicou, o problema é que non nos comunica coa nosa propia comarca e polo tanto non o podemos utilizar para a nosa actividade diaría para a que cada vez mais dependemos do coche particular.