O BNG reclama que se repare ou se repoña o equipamento audiovisual do Salón Azul do Liceo
É isto o que o PSOE considera dinamizar a actividade cultural no noso Concello?
Betanzos, 31 de maio de 2013. O BNG reclamou no Pleno que se repare ou se repoña o equipamento audiovisual do Salón Azul do Edificio Liceo. O equipamento audiovisual do denominado Salón Azul do Edificio Arquivo presenta un deterioro máis que notábel, explicou a concelleira María Otero micrófonos que estalan e proxector co lente estragado que fai inviábeis as proxeccións audiovisuais.
Non hai moito, o alcalde anunciaba na prensa unha partida orzamentaria inexistente para dotar o cine Alfonsetti de equipamento audiovisual, mentres se mantén neste estado o equipamento das salas que teñen uso continuo por parte das asociacións e colectivos, criticou a María Otero.
Os nacionalistas reclamaron que o goberno local repare ou repoña os elementos danados. É isto o que o PSOE considera dinamizar a actividade cultural no noso Concello?, ironizou a nacionalista, gástanse mais de 200 euros nunhas laminas para agasallar na presentación dun libro, pero non se ten un mínimo interese en manter o equipamento necesario para facer actividades culturais.
Hai meses que levamos a Pleno unha proposta para que o goberno local creara unha caixa de recursos destinados ás asociacións e colectivos para que poidan levar a cabo as súas actividades, explicou o voceiro nacionalista Henrique del Río. O goberno local di que esta caixa de recursos xa existe. A nosa dúbida é se está no mesmo estado o material que se empresta ás asociacións e entidades para as súas actividades?, ironizou Del Río.