O BNG denuncia a falta de solidariedade coas refuxiadas

O BNG denuncia a falta de solidariedade coas refuxiadas

UE-refugiados-alambre-espinoXestos como non arriar a bandeira da UE parecen demostrar pouca sensibilidade do PSOE, ou en todo caso, “talvez mostren que están de acordo co tratado con Turquía”.

O BNG colabora nunha recollida de material para as persoas refuxiadas

Betanzos, 2 de abril de 2016. O BNG-AA demandou información ao goberno local sobre a solicitude realizada polas nacionalistas para o arriado da bandeira europea dos edificios e dependencias municipais. Na esteira doutros concellos galegos, o BNG solicitara ao goberno local hai uns días a través dun escrito rexistrado no Concello o arriado da bandeira da UE. Esta proposta simbólica tentaba visualizar o rexeitamento do Concello da política oficial europea, así como a solidariedade coas persoas refuxiadas.

O portavoz nacionalista, Henrique del Río, mostrouse “sorprendido” pola falta de resposta do goberno local, sobre todo porque o goberno betanceiro si decidiu arriar a bandeira en loito polas vítimas dos atentados de Bruxelas. Esta diferenza de criterio molestou ao BNG: “Se para o PSOE todas as vidas humanas son importantes, non entendemos esta diferenza de criterio”, afirmaba Henrique del Río.

No pleno do pasado martes, o BNG preguntou por que nun caso se arriaba a bandeira e noutro non. “Se cadra foi porque o pedía o BNG”, aventura o portavoz nacionalista. Para as nacionalistas, xestos como este parecen demostrar pouca sensibilidade do PSOE, ou en todo caso, “talvez mostren que están de acordo co tratado con Turquía”, referíndose aquí ao acordo asinado entre a UE e Turquía para expulsar a este país as refuxiadas que chegan ás costas gregas.

“Sorprendenos que o goberno local promovera unha declaración institucuional e a proposta do Pleno infantil cunha declaración de apoio ás persoas refuxiadas mais nin sequera respostase á iniciativa que presentamos por rexistro”, concluíu o voceiro nacionalista.

O BNG colabora nunha recollida de material para as persoas refuxiadas

O BNG cede o seu local comarcal en Betanzos para unha recollida de material para as persoas refuxiadas en colaboración con Portabebés para Siria. O horario para esta recollida é de 18 a 20 h todos os días agás os fins de semana.

O BNG denuncia a falta de solidariedade coas refuxiadas