O BNG cuestiona o pacto PSOE-PP para modificar ás agachadas o orzamento de 2012
PSOE e PP puxéronse de acordo para taparse as súas miserias mutuamente despois de sete anos de circo nos que se criticaban un ao outro todas as irregularidades, total quen paga o pato é a veciñanza.
Tamén se poñen de acordo para non asumir a súa responsabilidade e exixir que respondan co seu patrimonio os edís que contrataron de forma irregular.
Betanzos, 1 de xullo de 2014. O BNG cuestionou que PSOE e PP aprobasen onte no Pleno unmodificativo de case 700 000 euros que maioritariamente contiña as facturas de subministros e servizos contratados de forma irregular e a dedo polos seus respectivos gobernos. Cada vez que PSOE e PP se dan o abrazo de Vergara en realidade estanlle dando o abrazo do oso á veciñanza, asegurou o voceiro nacionalista, Henrique del Río.
Os nacionalistas explican que esta modificación do orzamento de 2012 aínda hoxe prorrogaro era a mesma que quedou sen votarse en marzo deste ano, pero ten máis cousas. Así, desde o BNG denuncian que o PSOE incluíu no modificativo 2500 euros máis para protocolo e mil máis para propaganda porque as cantidades previstas para isto no orzamento de 2012 xa eran escandalosas. O modificativo inclúe 52 000 euros máis, ademais dos que xa estaban no orzamento, para Aquagest, 18 000 para a empresa da limpeza viaria e 36 000 para a da axuda no fogar e o PSOE non pode venderlle ao seu electorado que sube os gastos en servizos privatizados e o cola pola porta de atrás, denuncia Del Río.
O BNG propuxo abrir un expediente de responsabilidades para que os edís de PSOE e PP que fixeron as contratacións irregulares respondesen co seu patrimonio deste xeito de contratar irresponsábel e clientelar
O PP cambiou de criterio porque o PSOE meteu no modificativo as facturas irregulares do goberno do PP indica o edil do BNG. Despois de tanto circo escenificando críticas e diferencias, PSOE e PP sacan a careta, bícanse e a veciñanza paga os platos rotos da súa política clientelar e dos seus contratos a dedo para os seus elixidos, denuncian.
Chegamos a isto porque PSOE e PP contratan como contratan, explica o voceiro nacionalista. Abusan dos contratos a dedo para os seus favoritos, evitan o concurso público, privatizan servizos abrindo a porta a corruptelas , relata.
PSOE e PP tamén se puxeron de acordo para evitar asumir a súa responsabilidade
O BNG exixiu que PSOE e PP asumisen a súa responsabilidade nos 700 000 euros de facturas de servizos contratados irregularmente. Os nacionalistas presentaron unha proposta para abrir un expediente de responsabilidades para que os edís de PSOE e PP que fixeron as contratacións irregulares e asinaron as facturas, xunto cos funcionarios que as conformaron, respondesen co seu patrimonio deste xeito de contratar irresponsábel e clientelar.
O PP cambiou de criterio porque o PSOE meteu no modificativo as facturas irregulares do goberno do PP
PSOE e PP puxéronse de acordo para taparse as súas miserias mutuamente despois de sete anos de circo nos que se criticaban un ao outro todas as irregularidades que onte quixeron esconder, relata Del Río. É certo que os proveedores do Concello teñen que cobrar, ninguén o cuestiona, mais quen cometeu as irregularidades e provocou condeas contra o Concello terá que asumir en primeira persoa as consecuencias desto, advirte.
Neste sentido, os nacionalistas aseguran que PSOE e PP obrigáronnos a votar en contra deste modificativo porque non imos cargar ao noso lombo as irregularidades e ilegalidades das contratas a dedo de PSOE e PP e porque, no fondo, eles tapan as súas vergoñas co seu pacto pero o pato págao a veciñanza.
Privatización do cemiterio
O PP presentou unha iniciativa para abrir a porta á privatización do cemiterio municipal. O PSOE ten privatizado xa o cemiterio, pois unha funeraria fai o que antes facía o persoal municipal, pero o PP abriulle a porta para legalizalo, explica Del Río.
PSOE e PP tápanse mutuamente as súas vergoñas porque total quen paga o pato é a veciñanza
Os nacionalistas denuncian que cada mes vai a Pleno unha factura de 1400 euros destes servizos funerarios. Explican que o proxecto de orzamentos do PSOE suprime os cartos destinados a pagarlle ao persoal municipal que asumía estas tarefas e destina 5000 euros a unha partida para pagarlle a unha empresa privada. Non hai que ser moi bo cos números para intuír que en catro meses vanse acabar eses cartos e que as facturas do resto do ano irán a un modificativo, advirte Del Río.
Así que queda demostrado que o PSOE pretende seguir contratando a dedo a quen lle peta e o PP dállo por bo porque son exactamente o mesmo, e nin a un nin a outro lles preocupa que pague os pratos rotos a veciñanza, conclúe.