O BNG critica que o PSOE queira destragar aínda máis cartos no barco podre do porto
Desde 2008, os gobernos locais de PP e PSOE gastaron máis de 9000 euros en ter o barco apodrecendo no porto, ao que hai que sumar os 5000 que custou traelo. Hai outras moitas necesidades ben máis urxentes para a veciñanza de Betanzos que tirar os cartos en esta ocorrencia estrafalaria
Betanzos, 20 de febreiro de 2015. O BNG lamentou a ocorrencia do goberno local do PSOE de adecentar a curto prazo o barco podre que o PP deixou no porto de Betanzos. "Se fao o que acaba de anunciar, o PSOE vai conseguir aforrar o desguace do barco gastando nalgo que nos vai custar cartos todos os meses", ironizou o voceiro do BNG, Henrique del Río. Hai outras moitas necesidades ben máis urxentes para a veciñanza de Betanzos que tirar os cartos en esta ocorrencia estrafalaria, asegurou.
Os nacionalistas recordaron que o o goberno do PP trouxo o barco, que fora usado para unha rodaxe cinematográfica, o 22 de setembro de 2008. En traer o barco, o goberno do PP gastou daquela 5000 euros, como non lle quedou máis remedio que recoñecernos no seu día, relata o edil nacionalista.
Hai outras moitas necesidades ben máis urxentes para a veciñanza de Betanzos que tirar os cartos en esta ocorrencia estrafalaria
Desde aquela está situado na zona de varada de embarcacións no porto de Betanzos explica. Calquera particular que queira situar aí unha embarcación debe abonar unha taxa a Portos de Galicia engade. As taxas de Portos, publicados no seu web, establecen que As contías da tarifa por día de estadía ou fracción nos varadoiros serán as seguintes: Embarcacións de ata 50 t: 0,246870 por cada metro de eslora ou fracción.
Polo tanto, estamos a falar que este barco, de 13,50 metros de eslora segundo explicou a produtora cinematográfica, supón o pago dunha taxa de 3,332745 euros ao día a todos os betanceiros e betanceiras para que o Concello o teña tirado e apodrecendo no porto, relata. Isto quere dicir que desde aquel 2008 os gobernos de PP e PSOE que tivo Betanzos tiraron 9018,41 euros en ter alí o barco para nada, resume. E hai que sumarlle os 5000 euros que custou traelo, engade.
En total, os nacionalistas denuncian o estrago de máis de 14 000 euros nunha ocorrencia que non serviu absolutamente para nada. Contra o que dixo o PP, a presenza do barco no porto non fixo que fose visitado, nin por veciñanza nin por visitantes, relata. Tan só serviu para estragar cartos que estarían moito mellor destinados a outras necesidades, como bolsas ou prestacións sociais, engade Del Río.
Desde o BNG lamentan, ademais que outra vez o PSOE cambia de criterio para asumir o da dereita. O PSOE criticou o que custara traer o barco cando o destapamos e cuestionou que estivese apodrecendo no porto, relata. Case catro anos despois de entrar no goberno, agora se lles acorda amañar o barco que atoparon podres porque consideran que gastar cartos nel é produtivo, engade. É exactamente o mesmo que cando o PSOE fixo seu o que dicía o PP de que as festas xeneran emprego en Betanzos a pesar dos datos de paro en xullo e agosto ano tras ano, apunta.
Desde 2008, os gobernos locais de PP e PSOE gastaron máis de 9000 euros en ter o barco apodrecendo no porto, ao que hai que sumar os 5000 que custou traelo
Que agora o PSOE anuncie que vai destinar cartos de toda a veciñanza en amañar un barco que leva podre e abandonado seis anos cando antes o criticaba é a proba de que non teñen palabra, relata. Para darlle uso, xa podían meterlle todas as pólas que están amoreando na traseira do parque Pablo Iglesias e logo cederllo ás asociacións de Betanzos para as lumeiradas do San Xoán, ironiza.