o BNG-AA pediu no Pleno un protocolo de actuacións para minimizar o impacto dos desbordamentos

o BNG-AA pediu no Pleno un protocolo de actuacións para minimizar o impacto dos desbordamentos

 

O Mandeo enchendo o paseo do Malecón

As deputadas do BNG presentaron no Congreso unha emenda ás contas do Estado pedindo 400 000 euros para empezar a executar o proxecto de minimización dos efectos das mareas na Ribeira que leva anos redactado.

Betanzos, 1 de setembro de 2015. O BNG-Asembleas Abertas levou onte o malestar da veciñanza da Ribeira ante a tardanza do goberno local en establecer un dispositivo especial de tráfico. “Segundo nos explicaron, tiveron que ser os propios veciños os que indicaron a situación de emerxencia na calzada”, explica o voceiro nacionalista, Henrique del Río.

Desde o BNG-Asembleas Abertas entenden que a situación non ten nada de excepcional, pois repetiuse a situación de cada ano. “Sabendo que é moi probábel por non dicir case seguro que estes desbordamentos se van producir e mentres non se toman medidas definitivas, por qué o goberno local non sinaliza correctamente o Malecón cortandoo ao paso para evitar que os coches movan a auga e se introduza aínda máis nos locais?” interpelou Del Río.

Neste sentido, as nacionalistas demandan ao goberno local “que se reúna coa veciñanza da Ribeira para acordar un plan de actuación que facilite a veciñanza a sobrelevar a situación mentres non toman medidas definitivas”.

Emenda ás contas do Estado para levar adiante o proxecto de minimización de efectos das enchentes

IMG_0399O BNG presentou no Congreso dos Deputados unha emenda aos orzamentos xerais do Estado para 2016 para incluír unha partida destinada a executar o proxecto de minimización das enchentes. “Se se gastaron os cartos de todas e todos en redactar o proxecto, non será para telo nun caixón”, ironiza o voceiro nacionalista, Henrique del Río.

Neste sentido, as deputadas do BNG nas Cortes reclamaron que se destinasen 400 000 euros para comezar a facer realidade este proxecto. “Se o PP prometeu esta obra á veciñanza, que teñan palabra e a executen”, conclúen as nacionalistas betanceiras.

o BNG-AA pediu no Pleno un protocolo de actuacións para minimizar o impacto dos desbordamentos