O BNG-AA insiste a readmisión da traballadora do servizo de limpeza e a xestión directa do servizo
Del Río: Acumulan alegremente condeas por despedimento improcedente porque total pagámolas as veciñas
A cantidade total prevista nos orzamentos para servizos servizos xestionados pola empresa privada ascende a 830 033,07 euros
Betanzos, 12 de abril de 2016. O BNG-Asembleas Abertas reclamou ao goberno local do PSOE a readmisión da traballadora despedida do servizo de limpeza que ven de custar ao Concello unha nova condena por despedimento improcedente e que reverta a situación de privatización do servizo. A pesar de ter apoiado un acordo plenario que defendía xusto o contrario no mes de xullo, o goberno local do PSOE segue coa súa ansia privatizadora, explicou o voceiro nacionalista, Henrique del Río. En lugar de readmitir á traballadora despedida ilegalmente prefire indemnizala con cartos de todas nós, denuncia.
Levamos máis dun ano pedindo ao goberno local información sobre a empresa que o Concello ten contratado para realizar a limpeza nos edificios municipais, pero aínda non nola facilitaron a pesar de uqe o prazo legal para darnos este tipo de información son cinco días engadiu Del Río. Polo que sabemos, a empresa foi contratada a dedo sen concurso público e non sabemos canto nos está costando nin que tipo de contrato ten relata. O PSOE non nos facilitou absolutamente ningún dato, pero é que cando fumos ao negociado de contratación, os propios funcionarios tampouco tiñan coñecemento disto engade.
En resposta ás declaracións nos medios de comunicación do concelleiro de persoal, o portavoz nacionalista ironizou acabamos de ir ao concello a pedir o informe que lles impide emprestar un servizo básico como a limpeza mediante xestión directa e lles obriga a privatizalo. As nacionalistas mostráronse indignadas por este proceder do goberno do PSOE, que tachan de hipócrita por dicir defender os servizos públicos e mesmo apoiar os acordos plenarios e facer todo o contrario.
Nos últimos 4 anos o goberno do PSOE privatizou o servizo de xardinaría, o cemiterio e a limpeza e pretenden evitar a súa responsabilidade relata o edil nacionalista. É certo que hai unha lexislación estatal que restrinxe a contratación de persoal, mais os problemas continuos de falta de persoal e despedimentos improcedentes non os vemos no resto de concellos aos que afecta a mesma lexislación, polo que é obvio que algunha responsabilidade terá o goberno local, engadiu Del Río.
As nacionalistas censuran a irresponsabilidade do goberno local. Acumulan alegremente condeas por despedimento improcedente porque total pagámolas as veciñas, denuncian. Os cartos que se van nas indemnizacións que o mal goberno do PSOE provoca non van a servizos para todas, e polo tanto, terá que asumilos do seu patrimonio quen lle provoque o dano ao Concello, engade.
Privatizacións na proposta de orzamento
Desde o BNG-Asembleas Abertas informaron tamén que todas estas privatizacións teñen reflexo na proposta de orzamento que lles trasladou o goberno. Sete mil euros figuran directamente en partidas para a privatización do servizo de limpeza, mais a cifra pode superarse porque poden cargarse facturas de limpeza a calquera partida de gasto corrente, explica Del Río.
De feito, indica que a cantidade total prevista nos orzamentos para servizos servizos xestionados pola empresa privada ascende a 830 033,07 euros unha cifra que segue medrando ano tras ano mentres se van desmantelando os servizos públicos, explicou o voceiro nacionalista. Nós seguimos defendendo que a xestión directa é máis eficiente, máis barata e de mellor calidade e evita corruptelas na xestión dos servizos conclúe.