O Bloque informa á veciñanza sobre a obra dos Ánxeles

O Bloque informa á veciñanza sobre a obra dos Ánxeles

Xa que o goberno local do PSOE non informou a veciñanza e empresarios do que van supoñer as obras e de como quedará a rúa despois. Segundo o contrato o prazo para executar a obra son tres meses.

Betanzos, 1 de outubro de 2013. O BNG está a informar á veciñanza dos Ánxeles das obras que proximamente comezarán- aínda que deberan ter iniciado o pasado 1 de setembro segundo os anuncios do goberno local do PSOE, tanto en prensa como aos hostaleiros da rúa. Xunto á renovación das canalizacións de servizos, as obras supoñerán ampliar as beirarrúas, eliminar prazas de estacionamento legal e ampliación da rotonda, na que se cambiará o xardín abandonado por unha superficie adoquinada. A duración das obras, segundo o prego de condicións do contrato, ten un prazo de tres meses.

Cando no Pleno se debatiu desenvolver esta obra, financiada co plan de obras da Deputación, o BNG denunciou que é a terceira vez en pouco máis dun ano que se levanta a rúa para facer distintas obras de canalización de distintos servizos, que se debían ter coordinado para evitar maiores prexuízos á veciñanza e os negocios da rúa.

O BNG comparte a necesidade de renovar as redes da traída e o saneamento. Non compartimos que con cartos públicos teñamos que asumir o enganche dos edificios do final da rúa á rede de saneamento porque o PSOE nos anos 90 “indultou” ao promotor da súa obriga de conectar cos sumidoiros.

Xa que o goberno local do PSOE non informou a veciñanza e empresarios do que van supoñer as obras e de como quedará a rúa despois, o BNG está a distribuír un boletín no que resume brevemente estas cuestións.

Dálle unha ollada ao boletín especial neste enlace

Se o prefires, amplía a información revisando os planos do proxecto: proxecto anxeles

O Bloque informa á veciñanza sobre a obra dos Ánxeles