Posicionamento do BNG no Pleno de organización de 26 de xuño de 2019
Ofrecémosche os nosos posicionamentos e sentido de voto no Pleno, con enlace ao audio dos debates cando houbo debate de fondo das propostas.
Denunciamos que a alcaldesa non remitiu ao Pleno a liquidación do orzamento de 2018
O BNG reclamou ao goberno local que cumpra a lei e dea conta da liquidación do orzamento e a faga pública para que toda a veciñanza poida saber como están gastando os cartos públicos
Poñeremos fin á discriminación entre asociacións con convocatorias públicas de axudas abertas a todas as entidades
As nacionalistas advertiron no Pleno que o goberno local deixou acabar o 2018 sen convocar as subvencións para asociacións e entidades.
Denunciamos diante do Valedor a opacidade do goberno local
"O PSOE ten un problema coa transparencia, dío a Valedora do Pobo, que esta semana nos escribía para contarnos que acaba de facerlle un segundo requirimento ao goberno local para que explique estas irregularidades"
As licenzas de Betanzos HB e documentación sobre diversas contratacións de persoal entre a documentación que o goberno local non achega.
Man tendida para mudar as prioridades e facer política de esquerdas en Betanzos
No BNG temos a man tendida ao PSOE para chegar a acordos para levar adiante os cambios que Betanzos precisa. Non para reforzar o goberno da deixadez e de que siga pasando o tempo mentres Betanzos esmorece.
A Asemblea Local acorda votar en contra dos orzamentos se o PSOE os leva a Pleno sen modificar
“As contas non son transparentes”. “É un orzamento privatizador, posto que a metade dos 3,3 millóns de euros de gasto corrente son para privatizar servizos, estudos, limpeza..”. “Tivemos que mandarlle nós un mail ao alcalde pedíndolle unha xuntanza para falar dos orzamentos e das nosas propostas xa que nin sequera fixeron o máis mínimo esforzo en falar co BNG aínda que só fose por presentarnos formalmente o orzamento”
Lamentamos que o goberno local non elaborase os orzamentos contando coa participación veciñal
As contas incrementan o gasto corrente en 485 000 euros, cando en 2016 ascendía xa a 2,8 millóns. “Manteñen e mesmo incrementan as subvencións ‘a dedo’, que para nós é algo que atenta contra a igualdade de todas as entidades a recibir o mesmo trato e ter as mesmas opcións de levar unha subvención municipal”
Denunciamos a demora do goberno local en presentar a conta xeral
As nacionalistas consideran “preocupante” comprobar que, segundo a liquidación do 2016- entregada no último pleno con tres meses de retraso- “o goberno local disparou o gasto corrente en máis de 716 000 euros por riba do orzamentado, que xa eran 2,9 millóns de euros”