Valoramos positivamente a información sobre o cambio de proxecto do Paseo do Mandeo
“Sen saír xa do río, é moito máis urxente desde o punto de vista ambiental acabar cos verquidos ao Mandeo e á ría amañando e rematando a rede de saneamento”
“Sen saír xa do río, é moito máis urxente desde o punto de vista ambiental acabar cos verquidos ao Mandeo e á ría amañando e rematando a rede de saneamento”
Critica que reciba axudas públicas pese as reiteradas denuncias por verquidos, queima de residuos perigosos e denuncias dos traballadores
Del Río: “é unha boa noticia, un punto de partida para empezar a falar de proxectos positivos para o Mandeo, para Betanzos e para toda a comarca”
Desde o BNG fixeron público que segundo información facilitada hoxe de forma verbal polo secretario municipal, o concello aceptará o recurso do BNG e vai paralizar a licitación da obra
As nacionalistas insisten en que o PSOE betanceiro pretende licitar unha obra no Concello veciño de Coirós.
As nacionalistas respaldan os actos convocados por dez entidades da comarca e lanzan material sobre o trazado e seu impacto nas redes e na rúa. Ao roteiro que se celebrará este domingo ás 10 desde o paseo das Monxas asistirá o deputado nacionalista Xosé Luis Rivas, “Mini”.
“O alcalde di que ten todos os informes favorábeis para contratar unha obra no concello do lado… pois que nolos dea, que leva quince días impedíndonos acceder ao expediente de contratación desde que o solicitamos por escrito”,
Proxección que explica o proxecto do paseo á beira do Mandeo que pretende facer o goberno local de Betanzos. Foi emitida o 10 de decembro de 2014 nun acto público dando a coñecer este proxecto. Non cremos que sexa protexer o río meter unha canalización de fecais de PVC na beira mesma do Mandeo, dentro da liña de deslinde da costa. Elementos como este, zapatas de formigón ou escolleiras na beira mesma, dentro da Rede Natura alteran a vida da fauna e flora que dá sentido á protección do Mandeo e mesmo pode afectar ás correntes, configuración da beiramar e da navegabilidade do propio río. Non ten sentido meter un camiño pilotado de madeira polo medio dunha xunqueira na que viven varias especies en perigo de extinción. Que sentido ten levar xente, isto é, ruído e lixo, polo medio dun dos poucos anacos virxes do río. Abonda con poñer en valor o actual camiño e en indicar a riqueza que encerra o Mandeo.
"O Concello de Betanzos non pode contratar unha obra para facer no municipio do lado, iso é como se a Xunta de Galiza constrúe unha escola en Extremadura”