Novas

Explicación pública do proxecto de paseo entre As Monxas e Os Caneiros

Proxección que explica o proxecto do paseo á beira do Mandeo que pretende facer o goberno local de Betanzos. Foi emitida o 10 de decembro de 2014 nun acto público dando a coñecer este proxecto. Non cremos que sexa ‘protexer o río’ meter unha canalización de fecais de PVC na beira mesma do Mandeo, dentro da liña de deslinde da costa. “Elementos como este, zapatas de formigón ou escolleiras na beira mesma, dentro da Rede Natura alteran a vida da fauna e flora que dá sentido á protección do Mandeo e mesmo pode afectar ás correntes, configuración da beiramar e da navegabilidade do propio río. Non ten sentido meter un camiño pilotado de madeira polo medio dunha xunqueira na que viven varias especies en perigo de extinción”. “Que sentido ten levar xente, isto é, ruído e lixo, polo medio dun dos poucos anacos virxes do río”. Abonda con poñer en valor o actual camiño e en indicar a riqueza que encerra o Mandeo”.

Explicación pública do proxecto de paseo entre As Monxas e Os Caneiros