Pedimos que se habilite a pista deportiva da Condesa para máis deportes
“Pensamos que estes investimentos en infraestrutura gratuíta para a práctica deportiva e o lecer saudábel teñen un custo mínimo e deberan ser prioritarios. Non nos parece de recibo que se gasten máis de 7000 euros nun acto na aula de cultura mentres temos as pistas deportivas nun estado lamentábel”
Pedimos que se faga público o custo da privatización da “gala do deporte”
Del Río: “por que motivo opta por “contratar unha empresa privada para organizar eventos que perfectamente poderían organizar empregados municipais, como veñen facendo outros departamentos?”
Levamos ao Pleno as queixas veciñais polo incumprimento da ordenanza da piscina e o polideportivo
Del Río: “A veciñanza trasládanos as súas queixas porque para participar en determinadas actividades do complexo deportivo do Carregal- como aerobic ou pilates- a concesionaria exíxelles estar aboados”
Desde o BNG recordaron que antes de que se producira o cambio na empresa concesionaria pediron no Pleno que se estudase a opción da xestión directa da piscina e o polideportivo e que foron o único grupo no Pleno que apoiou esta proposta
O BNG pide que o vindeiro ano a piscina descuberta abra todo o verán
“A pesar de que o pasado mes de setembro foi moi caluroso, a piscina estivo pechada practicamente todo o mes, permitíndoselle á concesionaria incumprir o contrato”
O BNG cuestiona a credibilidade do terceiro convenio proposto pola Xunta para amañar o pavillón
Xosé Vales: “Que credibilidade pode ter este convenio cando é a terceira vez que a Xunta incumpre a súa palabra sobre o amaño da pista do polideportivo?”
O BNG achegará a práctica deportiva a todos os barrios
Os nacionalistas apostan por introducir descontos nas cotas das instalacións municipais para os parados e a xente con menos recursos.
Del Río: “fronte á política de ataques personais do PP e do PSOE, o BNG propón ideas concretas para mellorar a calidade de vida de Betanzos”
Nun debate en Tiobre o BNG propón crear un parque da bicicleta nas Minas: “cun investimento modesto o goberno local poñería en uso uns terreos que agora están ociosos creando un novo espazo para o lecer e diversifica a oferta deportiva”.