Del Río: “Redactaremos un Plan Xeral para facilitar o acceso á vivenda”

“O BNG aplicará unha política que conciba a vivenda como unha necesidade social básica e un ben de uso”.
 

Del Río: “Redactaremos un Plan Xeral para facilitar o acceso á vivenda”

“O BNG aplicará unha política que conciba a vivenda como unha necesidade social básica e un ben de uso”.

Betanzos, 19 de maio de 2011. O BNG no goberno local será garantía dunha política urbanística que sexa un instrumento ao servizo do interese xeral. “Redactaremos un Plan Xeral canto antes, desde unha óptica progresista e primando o interese público, o de todos e todas, sobre os intereses particulares dunha minoría privilexiada”, explicou o candidato nacionalista á Alcaldía, Henrique del Río.

Neste documento urbanístico o BNG delimitará solo para vivenda protexida, para usos industriais e solo dotacional para equipamentos públicos. A intención do BNG pasa por establecer unha reserva de pisos de protección pública en todas as urbanizacións. “Con esta medida garantiremos a calidade das vivendas de promoción pública”, indicou del Río.

Os nacionalistas xestionarán o establecemento de novas liñas de subvención á rehabilitación de vivendas, tanto no Casco Histórico coma noutros barrios e nas aldeas. Parte destes edificios rehabilitados incluiranse nun programa de alugueiro e adquisición de vivendas orientado a colectivos con dificultades para acceder ao mercado inmobiliario.“O BNG aplicará unha política que conciba a vivenda como unha necesidade social básica e un ben de uso”, asegurou o candidato nacionalista nun mitin celebrado no día de hoxe na Condesa.

Del Río: “Redactaremos un Plan Xeral para facilitar o acceso á vivenda”