Renovado o Consello Local do BNG
María Otero é a nova responsábel local do BNG. Henrique del Río entra no Consello Nacional.
Betanzos, 9 de marzo de 2012. A Asemblea Local do Bloque Nacionalista Galego de Betanzos elixiu hoxe o novo Consello Local, que coordinará o funcionamento da fronte na localidade até a vindeira Asemblea Nacional. A única lista presentada recibiu o aval da militancia de forma que María Otero convertiuse na nova responsábel local, en substitución de Pilar Otero. Completan o resto do organismo Anxo Arcay (vicerresponsábel local e responsábel de comunicación e acción social), Andrés Otero Botana (responsábel de finanzas), Teresa Rivera (responsábel de organización), Antonio Fafián (responsábel de formación) e Gloria del Río (responsábel de acción feminista).A este grupo sumaranse Sara Matilla, responsábel local de Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG, e os concelleiros que ten a formación frontista en Betanzos, Henrique del Río e Xosé Vales.
Con esta xuntanza ponse fin ao proceso da XIII Asemblea Nacional do BNG en Betanzos. A celebración da Asemblea Nacional conleva a renovación dos órganos de dirección do BNG a nivel nacional, comarcal e local.
Henrique del Río, no Consello Nacional
O voceiro do BNG no Concello, Henrique del Río, resultou eleito como membro do Consello Nacional do BNG, o máximo órgano de dirección entre Asembleas Nacionais, na asemblea comarcal da fronte.