Reclamamos que se volvan emitir pola radio municipal os plenos
“As betanceiras teñen dereito a saber que acontece nos plenos”
“As betanceiras teñen dereito a saber que acontece nos plenos”
Betanzos, 22 de setembro de 2016. No pleno do pasado martes, as nacionalistas preguntaron ao goberno local polos motivos que explicarían a interrupción nas emisións dos plenos. O BNG considera a falta de emisión dos plenos “un retroceso” e lamentan a “falta de preocupación pola transparencia” que ao xuízo do seu portavoz, Henrique del Río, está a demostrar o goberno do PSOE.
No pleno de decembro, as nacionalistas constataron que tampouco a sesión sería retransmitida por radio e mostraron a súa preocupación: “cremos que o que aquí se fala interesa a todo o pobo de Betanzos”, en palabras do seu portavoz, quen reclamou a continuación a volta das emisións dos plenos na radio municipal.
O grupo municipal do BNG reclamou información sobre as causas da falta de emisión dos plenos e tamén de que algúns deles nin sequera estean dispoñíbeis no web municipal, a pesar de ter sido grabados polo executivo local: “se fósemos mal pensadas, pensaríamos que o goberno quere ocultar as deliberacións plenarias”, ironizaba o portavoz nacionalista, Henrique del Río.
As nacionalistas reclamaron a volta das emisións plenarias, así como a posta a disposición de todos os plenos na web municipal: “as betanceiras teñen dereito a saber que acontece nos plenos, ou considera o Alcalde que xa está a garantir o dereito á información e a transparencia cara a veciñanza?”, concluía Henrique del Río.