O pleno, por iniciativa do BNG, exixe que o goberno local informe dos acordos que toma no Consorcio, a Reserva e outros entes

"Estámonos enterando polos medios de comunicación dos compromisos que o goberno do PSOE adquire na Reserva da Biosfera ou no Consorcio das Mariñas cando o acordo de investidura exixía crear e reunir esta comisión para garantir a transparencia e a información á Corporación e á veciñanza sobre o que alí acorda o goberno local con outros concellos e logo ten consecuencias para a veciñanza"

O BNG exixiu ao goberno do PSOE que aclare cantas indemnizacións tivo que afrontar o Concello por verteduras desde a rede municipal de saneamento e a canto ascenderon “nos dous últimos anos”.

O pleno, por iniciativa do BNG, exixe que o goberno local informe dos acordos que toma no Consorcio, a Reserva e outros entes

Betanzos, 10 de febreiro de 2025. O pleno acordou reclamar ao goberno local do PSOE que reúna a comisión informativa sobre Consorcio, Reserva da Biosfera, Camiño Inlgés e outros entes nos que participa o Concello de Betanzos. A proposta do BNG saíu adiante coincidindo en que “reunir esta comisión e comunicar o que nestes entes se acorda é transparencia, cara a veciñanza e cara a Corporación”.

A concelleira nacionalista Vanessa Rey lembrou que “a creación desta comisión foi unha das consecuencias do acordo de investidura entre o PSOE e o BNG, para garantir a transparencia e a información á Corporación e á veciñanza sobre o que alí acorda o goberno local con outros concellos e logo ten consecuencias para a veciñanza", explican.

Porén, hai unhas semanas, denuncian desde o BNG, "na mesa de contratación tivemos coñecemento de que en marzo do pasado ano o concello asinou un convenio coa Reserva da Biosfera que permitiría, segundo informou o secretario, que a mesa de contratación do concello de Betanzos leve a cabo os contratos deste organismo".

"Tamén nos estamos enterando, polos medios de comunicación, dos acordos no Consorcio das Mariñas sobre a contratación da xestión e do tratamento do lixo e mesmo da posición que o goberno local de Betanzos defende nestas reunións" advirte a edila Vanessa Rey.

Desde o BNG consideran "fundamental que os grupos políticos e o conxunto da veciñanza teñan toda a información sobre temas que nos afectan directamente e que se debaten nestes entes supramunicipais".

Reiterada a demanda de información sobre indemnizacións por vertidos desde a rede municipal de saneamento pola opacidade do PSOE

Na sesión plenaria a concelleira Vanessa Rey exixiu tamén ao goberno do PSOE que aclare cantas indemnizacións tivo que afrontar o Concello por verteduras desde a rede municipal de saneamento e a canto ascenderon “nos dous últimos anos”.

A nacionalista recordou que a cuestión xa fora presentada no pasado mes de novembro polos nacionalistas, pero o goberno do PSOE “non nos facilitou información concreta sobre este tema nin se nos fixo chegar aos diferentes grupos documentación de ningún tipo sobre este tema”.  Por este motivo, exixindo que se cumpra coas obrigas de transparencia, a concelleira do BNG advertiu que “vémonos obrigadas a insistir neste pleno en que se fagan públicos estes datos e se non facilite a documentación en mans do concello en relación coas indemnizacións e sancións por verteduras da rede municipal de saneamento”.

O pleno, por iniciativa do BNG, exixe que o goberno local informe dos acordos que toma no Consorcio, a Reserva e outros entes