Pedimos ao goberno que informe á veciñanza sobre a instalación dunha gasolineira na avenida Fraga Iribarne
O grupo nacionalista rasladará o tema ao vindeiro Pleno ordinario do Concello para pedir ao goberno local do PSOE que informe á veciñanza xa que a noticia da instalación desta estación de servizo está causando preocupación nos veciños e veciñas.
O grupo nacionalista rasladará o tema ao vindeiro Pleno ordinario do Concello para pedir ao goberno local do PSOE que informe á veciñanza xa que a noticia da instalación desta estación de servizo está causando preocupación nos veciños e veciñas.
Betanzos, 23 de xullo de 2018. O BNG pediu ao goberno que informe á veciñanza sobre a instalación dunha gasolineira, da que están comezando as obras, na avenida Fraga Iribarne a carón do barrio da Condesa. “Segundo sabemos levan máis de un ano tramitando a licenza para esta estación de servizo e non nos deron ningún tipo de información do tema nin aos grupos da oposición nin á propia veciñanza, que foi a que nos informou de que están dando comezo ás obras”, explicou o portavoz do BNG, Henrique del Río. “Hai dias que temos pedido acceso á documentación, xa que non tiñamos sequera a acta da Xunta de Goberno onde concederon á licenza e a día de hoxe aínda non puidemos conseguir ver o proxecto presentado”, criticou o nacionalista.
O nacionalista adiantou que trasladarán o tema ao vindeiro Pleno ordinario do Concello para pedir ao goberno local do PSOE que informe á veciñanza xa que a noticia da instalación desta estación de servizo está causando preocupación nos veciños e veciñas.
“Dubidamos que no medio de Betanzos e a carón dun dos barrios de máis poboación como é a Condesa sexa o sitio adecuado para a instalación dunha gasolineira, a tendencia debera ser a sacar este tipo de instalacións do centro e levalas aos polígonos industriais ou cando menos lonxe das vivendas, non a dar licenza para instalar máis”, engadiu Del Río. “Ademais non entendemos a necesidade dunha nova gasolineira a 200 metros da que xa hai nas Cascas e sabendo que acaban de conceder licenza para unha estación de servizo sen persoal no polígono de Piadela”, indicou.
A gasolineira estaría dentro do perímetro de protección do Pasatempo que a Xunta marcou na declaración provisional de BIC. “O goberno local presentou alegacións a esta declaración en nome do Concello, sen antes aprobalas en ningún órgano do mesmo nin trasladas aos demais grupos para excluír esta zona da declaración BIC. Parece que están pensando máis nos intereses de empresas privadas que no ben da veciñanza dun dos barrios máis populares de Betanzos”, criticou o portavoz nacionalista.
Desde o BNG sosteñen que, aínda sen ter aprobado o PXOM, o goberno local ten formas de impedir a que este tipo de instalacións potencialmente perigosas se instalen a carón das vivendas e temos xa antecedentes desde que no ano 2012 se intentara instalar unha fronte ao colexio que finalmente a mobilización social e o traballo do BNG conseguiu paralizar para ter tomado medidas e regular estes establecementos nas zonas residenciais de Betanzos.