Nós-Candidatura galega publicitou con repolos de Betanzos o seu acto público de presentación
Escollemos os repolos porque son un símbolo de Betanzos e a súa comarca
Betanzos, 9 de decembro de 2015. Nós-Candidatura galega publicitou con repolos de Betanzos o seu acto público de presentación o vindeiro domingo día 13 no Matadoiro, no barrio da Ribeira, en Betanzos.
No cartaz da presentación pódese ver a Henrique del Río, portavoz local do BNG-Asembleas abertas, xunto á actriz Isabel Risco, número 2 da candidatura de Nós pola Coruña e Carlos Callón, cabeza de lista pola Coruña sostendo un repolo de Betanzos. Escollemos os repolos porque son un símbolo de Betanzos e a súa comarca.
Deste xeito, Nós quere poñer en valor os produtos da horta galega e reinvindicar o próprio, na dieta mais tamén en política. Porque como di Henrique del Río así é Nós-CG, unha candidatura de país para o País, cunha campaña centrada nos problemas reais da xente. A metáfora é clara: a candidatura de Nós, como os repolos, ten as súas raíces na terra. O acto será aberto á participación da veciñanza porque, tal como afirma Henrique del Río Nós-candidatura galega preséntase para que os problemas dos galegos e as galegas, da nosa comarca, estean presentes en Madrid, mais tamén para construír unha sociedade xusta, libre e igualitaria.