Levamos a pleno a situación das empregadas de Universal Suport, o call center do Pastor
“Entre os 270 traballadores e traballadoras do centro hai unha boa parte que son veciñas do noso concello, ademais de outros concellos da comarca”.
“Que o Santander peche ou venda Universal Suport supoñerá poñer en risco ou destruír os 270 empregos que mantén na comarca, cuns salarios que se reinvirten en boa medida no tecido produtivo e comercial de Betanzos e as Mariñas”.

Betanzos, 23 de setembro de 2017. O BNG presentará no vindeiro pleno unha moción en defensa dos postos de traballo en Universal Suport, o call center que tiña o Banco Pastor no polígono de Bergondo. “Entre os 270 traballadores e traballadoras do centro hai unha boa parte que son veciñas do noso concello, ademais de outros concellos da comarca”, explica Del Río. “Actualmente, o cadro de persoal desta empresa, especializada en produtos financeiros, descoñece que vai ser tanto da firma como dos postos de traballo radicados no polígono de Bergondo, se ben xa pasaron arredor de 40, por medio dunha venda, a empresas filiais de Abanca” engade.
A situación da empresa está no aire desde que o Banco Santander se fixo co Popular “polo prezo dun café”, explican as nacionalistas, que mantiveron varias xuntanzas de traballo con representantes dos traballadores. “Que o Santander peche ou venda Universal Suport supoñerá poñer en risco ou destruír os 270 empregos que mantén na comarca, cuns salarios que se reinvirten en boa medida no tecido produtivo e comercial de Betanzos e as Mariñas” explica o edil nacionalista.
Por este motivo, as nacionalistas pedirán que o Concello amose o seu apoio e que se lle pida ao Santander que manteña a marca Banco Pastor, como xa fixera o Popular, para garantir a permanencia dos postos de traballo na comarca.