DENDE O BNG RECLAMARON DE NOVO INVESTIMENTO PARA REMATAR O SANEAMENTO NA RÍA DE BETANZOS E GARANTIR A CALIDADE DA AUGA NA MESMA

Pedimos 2 millóns de euros para o Pasatempo nas emendas aos orzamentos da Xunta para 2020

O BNG pediu tamén que se reserven nas contas da Xunta 5.000.000 millóns de euros para a rehabilitación de vivendas en diferentes cascos históricos, incluído o de Betanzos, e un programa de rehabilitación e rexeneración de núcleos rurais e centros históricos que estaría dotado con outros 5.000.000 de euros

Pedimos 2 millóns de euros para o Pasatempo nas emendas aos orzamentos da Xunta para 2020

O BNG pediu tamén que se reserven nas contas da Xunta 5.000.000 millóns de euros para a rehabilitación de vivendas en diferentes cascos históricos, incluído o de Betanzos, e un programa de rehabilitación e rexeneración de núcleos rurais e centros históricos que estaría dotado con outros 5.000.000 de euros

Dende o BNG reclamaron de novo investimento para rematar o saneamento na Ría de Betanzos e garantir a calidade da auga na mesma

Betanzos, 22 de novembro de 2019. O BNG presentou hoxe as súas emendas aos orzamentos da Xunta para 2020 nas Mariñas, nas que inclúen unha petición de 2 millóns de euros para a rehabilitación do Parque histórico do Pasatempo. “O presidente da Xunta prometeu este ano que achegaría cartos para rehabilitación do Parque mais no orzamento para 2020 non reserva crédito para a posta en valor deste ben patrimonial. No BNG pedímoslle que cumpra a súa palabra cos veciños e veciñas de Betanzos”, explicou o portavoz nacionalista, Henrique del Río. “O Pasatempo precisa dunha intervención urxente e a escusa de que a propia Xunta aínda non concluíu a declaración BIC non nos parece de recibo, porque todos os bens que están tramitando a declaración considéranse BIC provisionalmente e deben tratarse como tal”, engadiu o nacionalista.

O BNG pediu tamén que se reserve crédito nas contas autonómicas que se reserven 5.000.000 millóns de euros para a rehabilitación de vivendas en diferentes cascos históricos, incluído o de Betanzos, e un programa de rehabilitación e rexeneración de núcleos rurais e centros históricos que estaría dotado con outros 5.000.000 de euros. “O patrimonio é a oportunidade de futuro de Betanzos e polo tanto o goberno da Xunta ten que facer un esforzo por colaborar en poñelo en valor e mantelo en condicións”, explicou Del Río.

Saneamento da Ría de Betanzos

 

Dende o BNG reclamaron de novo investimento para rematar o saneamento na Ría de Betanzos e garantir a calidade da auga na mesma. “Como levamos anos reclamando é necesario un investimento en rematar o saneamento e depuración das augas que verten na Ría, xa que aínda temos concellos enteiros como Paderne que carecen de depuración. A pesar de que a Xunta recoñece nos seus informes a baixa calidade da auga e a situación preocupante en que se atopa a Ría non reserva un só euro para investir en poñerlle solución”, explicou Cristina López, responsábel comarcal do BNG.

Centro de maiores e centro de día

 

Os nacionalistas solicitaron tamén que se invista na rehabilitación do antigo sanatorio de Cesuras para convertelo nun centro de maiores, como se comprometera o presidente da Xunta no documento da fusión de concellos así como a posta en funcionamento do centro de día no antigo ambulatorio de Betanzos. “Na nosa comarca non hai unha soa praza de xeriátrico público e só 15 de centro de día no concello de Miño. Parécenos que é imprescindíbel que o goberno galego se comprometa dunha vez con sacar adiante estas infraestruturas básicas para a nosa veciñanza”, explicou a responsábel do BNG das Mariñas, Cristina López.

Mellora dos servizos sanitarios

 

O BNG pediu tamén que se reserve crédito para a mellora na contratación de persoal no centro de especialidades de Betanzos así como dotación de pediatras e mellora asistencial do servizo de pediatría na comarca. “Pedimos tamén orzamento para cubrir o patio do centro de saúde de Coirós para evitar que as veciñas e veciños teñan que mollarse para acceder ás consultas”, explicou López.

Centros de ensino

 

Dende o BNG fixeron tamén fincapé nas necesidades educativas nas Mariñas solicitando de novo que se convirta o aulario do CEIP Vales Villamarín nun colexio independente, que se repare e acondicione adecuadamente o edificio do CEIP da Castellana en Aranga ou que se inicie a construción dunha nova escola de educación infantil nas inmediacións do polígono de Bergondo.

Viveiro de empresas e centro de transformación agropecuaria

 

Os nacionalistas pediron tamén que se inclúa nos orzamentos un investimento para rehabilitación do edificio do antigo LIGAL en Bos en Bergondo para convertilo nun viveiro de empresas e un centro de transformación agropecuaria “para os pequenos produtores da nosa comarca”, concluíu a responsábel do BNG. 
 

Pedimos 2 millóns de euros para o Pasatempo nas emendas aos orzamentos da Xunta para 2020