O BNG reclamou ao goberno información sobre a cesión do Pasatempo a un particular para un concerto
Os nacionalistas denuncian que, no proxecto de orzamentos remitido polo PSOE, non hai ningún ingreso adicional nos alugueiros ou cánones das concesións que poida ser interpretado como a renda por esta cesión do Pasatempo
Betanzos, 16 de xullo de 2014. O BNG preguntou no Pleno polas condicións en que se cederá o Pasatempo o vindeiro 24 de xullo para que unha empresa privada organice un festival de música. Tres veces tivemos que pedir por rexistro que se nos informe sobre a renda que este promotor particular pagará por explotar con afán de lucro un parque que mantén toda a veciñanza, sen éxito, denunciou o voceiro nacionalista no Pleno.
Os nacionalistas reclaman coñecer as condicións de cesión do parque municipal do Pasatempo para este evento así como das contraprestacións que recibiría o Concello. Denuncian que, a pesar de que desde o pasado 11 de abril está a circular por internet información sobre este evento o executivo do PSOE non dá datos.
As entradas, segundo esa información avalada con publicidade do propio Concello de Betanzos, están á venda desde 27 euros indicou Del Río. O feito de que as entradas estean xa á venda fai indicar que o promotor privado xa ten apalabrado un prezo co executivo, pois non se entendería que vendese entradas sen cubrir o custo total do evento explican. Sen embargo, denuncian, canto nos dixo o goberno local do PSOE é que a renda fixarase nun contrato sobre o que se negan a informar.
Non hai ningún ingreso adicional nos alugueiros ou cánones das concesións que poida ser interpretado como a renda por esta cesión do Pasatempo
Este festival foi anunciado o pasado ano polo goberno local como reforzo desde a iniciativa privada ao programa de festexos patronais, xustificando o uso de instalacións municipais baixo esa suposta utilidade pública indicou o voceiro nacionalista. Sen embargo, que saibamos, as festas celebraranse en agosto nas datas acostumadas, ironizou.
Desde o BNG cuestionan que o executivo local se negue a ofrecer información sobre a renda que ten que pagar este promotor particular e sobre as condicións en que se lle cede o Pasatempo. Onde están as condicións de uso do parque publicadas para que calquera poida optar a explotalo puntualmente en beneficio propio? interpelou Del Río. Non consideran que pode estrañar, e desde logo é moi pouco ético, que este particular reciba esta cesión e outros contratos municipais sen ningún concurso público? cuestiona.
Non hai rastro deste hipotético ingreso nos orzamentos
Os nacionalistas denuncian que, no proxecto de orzamentos remitido polo PSOE, non hai ningún ingreso adicional nos alugueiros ou cánones das concesións que poida ser interpretado como a renda por esta cesión do Pasatempo. Quere dicir isto que o PSOE vai ceder gratis o Pasatempo a un amigo para que cobre por entrar a unha propiedade pública?, pregúntanse.
O BNG pediu tres veces información sobre esta cesión e o PSOE non dá prenda
Insisten en que cobrando, co visto bo do goberno do PSOE, 27 euros en venda anticipada e 32 o día do evento, os ingresos deste particular por explotar ese día o Pasatempo poden ser bastante elevados. Isto é motivo máis que suficiente para que o PSOE explique ás claras que saca de beneficio a veciñanza neste negocio, conclúen.