O BNG pide no pleno melloras no mercado municipal e un plan de dinamización
Desde o BNG trasladan de novo a situación do mercado ao Pleno municipal e piden que o goberno se reúna cos diferentes axentes que se relacionan co Mercado Municipal co fin de redefinir os espazos do Mercado e mellorar as instalacións da praza.
Tamén piden ao goberno que a redefina a presenza do Mercado Municipal dentro das feiras quincenais e dos mercados que se levan a cabo semanalmente e que mellore a sinalización tanto interior como exterior.
Betanzos, 22 de abril de 2022.- O BNG pide no pleno melloras no mercado municipal e un plan de dinamización. “No BNG de Betanzos reunímonos en diversas ocasións coas praceiras e cos diferentes axentes implicados na vida cotiá do mercado, presentando diferentes iniciativas plenarias que, a pesar de seren aprobadas, nunca se levaron a cabo”, explicou a portavoz do BNG, Amelia Sánchez. “Por iso insistiremos na necesidade dinamizar a praza e mellorar as instalacións da peixería que, mesmo, carece dunha sinalización que indique onde se localiza ou que non aparece nos mapas que se entregan ás persoas que nos visitan”.
“Coas mudanzas no estilo de vida e o declive do casco histórico, o Mercado Municipal foi perdendo dinamismo pouco a pouco e, a día de hoxe, só atopamos postos de alimentación na planta baixa e o seu número e variedade é moi reducida”, engadiu Sánchez. “As actuacións dos diferentes gobernos locais ante esta decadencia e as melloras nas instalación do Mercado foron practicamente inexistentes, un feito que acentuou aínda máis o declive da praza de abastos e que incidiu na perda de postos de venda ao público”, criticou a portavoz nacionalista.
Desde o BNG trasladan de novo a situación do mercado ao Pleno municipal e piden que o goberno se reúna cos diferentes axentes que se relacionan co Mercado Municipal co fin de redefinir os espazos do Mercado e mellorar as instalacións da praza. Tamén piden ao goberno que a redefina a presenza do Mercado Municipal dentro das feiras quincenais e dos mercados que se levan a cabo semanalmente e que mellore a sinalización tanto interior como exterior.
O mercado municipal de Betanzos é unha obra dos arquitectos Antonio Tenreiro Rodríguez e Peregrín Estellés que abriu ao público no ano 1951 e que se dedicou durante estas décadas ao venta de produtos frescos e de alimentación. Desde o BNG lembraron que levan anos trasladando as demandas das praceiras e praceiros ao Pleno e insistindo na necesidade dun plan de dinamización e obras de mellora do mercado.