O BNG pide ao goberno que actúe para evitar cortes de luz na Ponte Vella
Xosé Vales: "a situación agrávase cando hai mal tempo, provocando baixadas de tensión e cortes de suministro"
Xosé Vales: "a situación agrávase cando hai mal tempo, provocando baixadas de tensión e cortes de suministro"
Betanzos, 3 de febreiro de 2012. O BNG levou ao Pleno as deficiencias no subministro eléctrico que padecen un nutrido grupo de veciños e veciñas do barrio da Ponte Vella. Segundo o colectivo veciñal explicou recentemente aos edís nacionalistas, unha parte da avenida Saavedra Meneses recibe o subministro de enerxía por unha liña que ven da subestación do Pedrido, en Bergondo.
Como explicou o concelleiro nacionalista Xosé Vales no pleno, a situación da liña fai que a veciñanza veña sufrindo “sucesivos cortes de luz”, unha situación “que se agrava cando fai mal tempo”. Como indicaron fontes veciñais ao BNG, os temporais e as tormentas inciden negativamente, ocasionando baixadas de tensión e cortes no subministro.
“Cónstanos que o goberno municipal é consciente deste problema”, indicou Vales, dado que os veciños informaron aos nacionalistas que xa denunciaron a situación ao Concello. Ante a ausencia dunha comunicación do goberno do PSOE aos veciños sobre as actuacións, o edil nacionalista interpelou ao executivo socialista sobre as medidas adoptadas, exixindo unha actuación do goberno local.