O BNG ofrecerá unha charla informativa sobre o Plan Xeral na Madalena
O acto, organizado pola asociación veciñal da Madalena e a Condomiña, terá lugar ás oito do serán no local social da Angustia.
Betanzos, 26 de marzo de 2015. O BNG participará mañá nunha charla informativa convocada pola asociación veciñal da Madalena e a Condomiña para explicar como afectará ao barrio o Plan Xeral redactado polo goberno municipal do PSOE. A palestra terá lugar no local social da Angustia desde as 20 h. Participará na charla o portavoz municipal dos nacionalistas e candidato á alcaldía de BNG-Asembleas Abertas Henrique del Río.