O BNG esixe explicacións pola tala de árbores no parque Pablo Iglesias
As nacionalistas pedirán os informes técnicos en que se baseou o goberno local para levar a cabo esta tala masiva de árbores
Betanzos, 14 de abril de 2023.- O BNG de Betanzos anunciou que pedirá explicacións ao goberno local do PSOE pola tala masiva de árbores que se efectuou nos días previos no parque Pablo Iglesias, no barrio da Madalena.
Segundo a voceira nacionalista, Amelia Sánchez, “o goberno local anunciou o comezo duns labores de mellora no parque que incluían a plantación de 28 novas especies, mais en ningún momento comunicou que fose levar a cabo unha tala masiva de árbores que, en principio, non semellaban estar en malas condicións”.
Logo de consultar un especialista na materia, no BNG matizaron que as plantas eliminadas, arredor dunha ducia, non presentaban problemas de saúde que non puidesen ser solucionados cos tratamentos axeitados e, mesmo, se eliminaran árbores en flor. “Unha árbore en estado de floración é unha planta que está en perfecto estado de saúdo”, engadiu Sánchez citando palabras de técnicos especializados.
As nacionalistas solicitarán os informes dos técnicos en que se baseou o goberno socialista para levar a cabo o que eles consideran “unha auténtica desfeita medio ambeital, que afecta ao pulmón verde da nosa cidade”.