O BNG denunciou as condicións laborais da privatización do servizo de xardinería
Cuestionan que o grupo ACS, de Florentino Pérez, levarase 71 000 euros por crear dous postos precarios
Betanzos, 1 de xuño de 2016. O BNG denunciou denuncia as condicións laborais do contrato para privatizar o mantemento dos xardíns de Betanzos. As betanceiras imos pagar 71 000 euros por dous contratos de peón de xardíns a unha multinacional, cando o Concello podía crear varios postos de traballo dignos con eses cartos nos servizos públicos, explican as nacionalistas.
O BNG cuestiona que o grupo ACS, de Florentino Pérez, levarase 71 000 euros por crear dous postos precarios. Aseguran, ademais, que dentro do perfil, a multinacional busca persoal ao plan de garantía xuvenil para gañar máis cartos aínda cos incentivos que estableceu o goberno a este plan.
E menores de 30 anos, para facer un contrato de aprendizaxe, dun ano prorrogábel, que son contratos en precario comparado co emprego de calidade que por eses cartos poderia ofrecer o Concello explican.
É a proba de como funcionan as privatizacións dos servizos municipais lamenta o voceiro do BNG, Henrique del Río. Ou se lle dan a dedo ás empresas que o goberno do PSOE elixe, ou van a encher o peto das multinacionais explica. O último que lle preocupa ao goberno é dar un servizo de calidade, cuestiona.
Segundo as nacionalistas, este contrato é a proba de onde vai levar o orzamento privatizador aprobado no día de onte por PSOE, BN e CxG. Neste sentido, recordan que no actual orzamento, os cartos para servizos privatizados medran 275 745,97 euros máis que nas anteriores contas, até un total de 865.387,66 euros que se van en privatizacións.
Nós apostamos polo emprego público, e nos casos en que sexa necesario recorrer a empresas privadas, que se faga respondendo a criterios sociais de contratación que garantan calidade no emprego, que dista moito de ser o caso explica Del Río.
Na web de contratos figura pendente de resolución
O contrato figura pendente de resolución no perfil do contratante do Concello. Porén, o grupo ACS está xa iniciando o proceso de selección de persoal. É raro, ironizan.