O BNG demanda no Parlamento que a Xunta atenda as demandas do Vales Villamarín e cubra as prazas de profesorado de apoio necesarias

Profesorado e familias manifestan o seu total desacordo co catálogo de profesorado do centro e botan en falta tres especialidades en pedagoxía terapéutica.

Betanzos, 25 de novembro de 2009. O BNG ven de presentar unha iniciativa no Parlamento Galego pola que lle demanda á Consellaría de Educación que atenda as demandas da ANPA do Colexio Vales Vilamarín de Betanzos e cubras as prazas de profesorado de apoio necesarias.Os deputados do Bloque lembran que o profesorado e as familias “manifestan o seu total desacordo co catálogo de profesorado establecido para o centro e reclaman que se estableza, non só tendo en conta o número de aulas, como está na actualidade, senón tamén o número de alumnas e alumnos e as súas características”. En concreto, demandan que a Xunta teña en conta as necesidades especiais de atención educativa, para o que sería necesario contar con tres especialidades en pedagoxía terapéutica.

Sen embargo, os parlamentarios do BNG denuncian que “nos meses que van desde o inicio do curso estas demandas non tiveron resposta por parte da Consellaría de Educación”. “A situación de centro -advirten-, sen posibilidade de desdobrar as aulas nen de atender as necesidades do alumnado, agrávase día a día”. Estas deficiencias están a provocar a mobilización da ANPA do centro en reivindicación de resposta ás necesidades educativas e de atención ao alumnado matriculado en condicións de igualdade”.

Ante esta situación, os deputados do BNG demándanlle á Consellaría de Educación que reciba e atenda a unha representación do colexio Vales Vilamarín e dea resposta ás demandas da ANPA e do profesorado cubrindo as prazas de profesorado de apoio necesarias.

A directiva da ANPA trasladou estes problemas aos representantes do BNG no Concello de Betanzos nunha xuntanza mantida hai escasamente un mes para valorar o inicio do curso escolar e o impacto da supresión da gratuidade dos libros de texto por parte da Xunta de Galiza. Os concelleiros nacionalistas presentaron varias iniciativas no Pleno relativas á limpeza e servizos do Vales Villamarín.

O BNG demanda no Parlamento que a Xunta atenda as demandas do Vales Villamarín e cubra as prazas de profesorado de apoio necesarias