CASCO HISTÓRICO

O BNG acusa a PSOE e PP de evadir as súas responsabilidades no estado do Casco Histórico

O voceiro do BNG, Henrique del Río, nunha praza do Casco Histórico

O BNG fixo público que non existe ningún convenio entre Xunta e Concello para rehabilitar as 11 casas que a Xunta comprou no Casco Histórico.

O BNG acusa a PSOE e PP de evadir as súas responsabilidades no estado do Casco Histórico

O BNG fixo público que non existe ningún convenio entre Xunta e Concello para rehabilitar as 11 casas que a Xunta comprou no Casco Histórico.

Betanzos, 25 de xaneiro de 2012. O BNG fixo público que non existe ningún convenio entre Xunta e Concello para rehabilitar as 11 casas que a Xunta comprou no Casco Histórico. “Segundo o goberno local do PSOE non consta no Concello ningún documento a respecto deste convenio”, explica o voceiro nacionalista, Henrique del Río.

“Gustaríanos coñecer de onde saca o PP que o Concello de Betanzos tiña unhas obrigas coa Xunta a respecto das 11 casas que comprou no Casco”, indica o portavoz do BNG. “PSOE e PP están pasándose a pelota neste tema sen achegar solucións concretas ao deterioro do Casco” conclúe o nacionalista, que voltou a esixir ao PP “que deixe de tomarlle o pelo á cidadanía”.

O que está buscando o PP é tapar a ridícula cantidade de 3000 euros para rehabilitar o Casco nos orzamentos da Xunta” asegura Del Río. O BNG acusa a PSOE e PP de evadir as súas respectivas responsabilidades na situación que atravesa o centro histórico de Betanzos.

Para os nacionalistas, un exemplo claro deste proceder é o estado da Casa Gótica. “PSOE e PP enceréllanse en discusións sobre as súas mutuas responsabilidades en tanto ningún deles tomou medidas para solucionar este problema”, aseguran. “Probabelmente o Concello hoxe non teña capacidade para expropiar inmobles” conceden, pero censuran que “cando tivo ocasión de facelo tampouco houbo vontade de facelo”. “Tan brinde ao sol foi a expropiación que vendeu en campaña o PSOE como a execución subsidiaria que anunciou e non fixo o PP”, conclúen.

O BNG acusa a PSOE e PP de evadir as súas responsabilidades no estado do Casco Histórico