acordo de investidura
Novas

O BNG exixe a convocatoria inmediata de todas as liñas de subvencións a entidades e clubs para este 2025

Reproban que o executivo do PSOE deixou sen convocar as liñas de axudas pactadas destinadas a entidades como as ambientais ou as comisións de festas, que finalmente se viron excluídas da convocatoria de subvencións municipais que o goberno de María Barrral lanzou nos últimos meses do ano.

“Non resulta admisíbel que un goberno elixa e premie a unhas entidades dándolles fondos públicos e prexudique a outras deixándoos sen elas porque todas as persoas do municipio son as que aportan eses fondos públicos e, en consecuencia, todas teñen dereito a eles"

Ler novas
Novas

O pleno, por iniciativa do BNG, exixe que o goberno local informe dos acordos que toma no Consorcio, a Reserva e outros entes

"Estámonos enterando polos medios de comunicación dos compromisos que o goberno do PSOE adquire na Reserva da Biosfera ou no Consorcio das Mariñas cando o acordo de investidura exixía crear e reunir esta comisión para garantir a transparencia e a información á Corporación e á veciñanza sobre o que alí acorda o goberno local con outros concellos e logo ten consecuencias para a veciñanza"

O BNG exixiu ao goberno do PSOE que aclare cantas indemnizacións tivo que afrontar o Concello por verteduras desde a rede municipal de saneamento e a canto ascenderon “nos dous últimos anos”.

Ler novas
Novas

O BNG exixe que as subvencións municipais de 2025 se convoquen con celeridade e sempre no primeiro semestre

"Tras ter negociado as bases de subvencións para entidades deportivas, culturais e veciñais en agosto, o goberno local convocou as axudas a mediados de decembro e dando só dez días naturais para pedilas e recurtando os fondos que no orzamento que pactamos figuraban para as asociacións e os clubs".

"Acceder en igualdade de oportunidades a unha subvención ou a unha praza de emprego público é algo esencial na democracia".

Ler novas