POR SEGUNDO ANO, ADEMAIS, O BNG REPARTIRÁ ETIQUETAS PARA OS AGASALLOS POLOS COMERCIOS DE BETANZOS E A COMARCA PARA APOIAR O COMERCIO LOCAL E ANIMAR AO CONSUMO DE PRODUTOS GALEGOS.
Propoñeremos no Pleno unha campaña de apoio ao comercio de proximidade
As nacionalistas propoñen a edición dunha app e unha guía de circuítos curtos de consumo e potenciación dos mesmos con campañas específicas no mercado municipal e a organización de obradoiros de reciclaxe de refugallos domésticos, como elaboración de xabróns reciclando aceite ou de decoración de Nadal, entre outras medidas.
Por segundo ano, ademais, o BNG repartirá etiquetas para os agasallos polos comercios de Betanzos e a comarca para apoiar o comercio local e animar ao consumo de produtos galegos.
As nacionalistas propoñen a edición dunha app e unha guía de circuítos curtos de consumo e potenciación dos mesmos con campañas específicas no mercado municipal e a organización de obradoiros de reciclaxe de refugallos domésticos, como elaboración de xabróns reciclando aceite ou de decoración de Nadal, entre outras medidas.
Por segundo ano, ademais, o BNG repartirá etiquetas para os agasallos polos comercios de Betanzos e a comarca para apoiar o comercio local e animar ao consumo de produtos galegos.
Betanzos, 13 de decembro de 2018. O BNG trasladará ao Pleno unha proposta para fomentar o consumo responsábel e de proximidade coincidindo co Nadal e as rebaixas. A proposta do grupo nacionalista centrase “en poñer en marcha un programa que chaman ‘Betanzos polo consumo responsábel’ que promova o consumo consciente e responsábel, o comercio xusto e a soberanía alimentar como opcións prácticas e cercanas para diminuír o impacto económico, social e ambiental da globalización no entorno local”, segundo explicou o portavoz nacionalista Henrique del Río.
“O pequeno comercio é un sector estratéxico para Betanzos, de feito, Betanzos conta cun centro comercial aberto, modelo que precisa ser desenvolvido por completo na nosa cidade, para configurarse como a única alternativa viábel para a supervivencia do pequeno comercio”, engadiu del Río. O edil nacionalista demandou do goberno local “un cambio de rumbo nas políticas destinadas ao pequeno e mediano comercio de Betanzos, porque as semanas da tortilla e o pincho son dúas medidas puntuais que non contribúen á dinamización comercial da cidade alén das datas puntuais en que se celebran”.
“Cómpre que o goberno local faga un esforzo en promover o consumo no pequeno e mediano comercio como opción responsábel, sustentábel nos sentidos ambiental e social, e consciente, axustado ás necesidades reais da veciñanza rachando co consumismo vinculado, en boa medida, a datas moi concretas”, indicou o portavoz do BNG. "É unha economía circular, que deixa na propia cidade boa parte dos beneficios económicos e sociais, que contribúe a xenerar riqueza, emprego e benestar aquí mesmo", abunda.
Dentro deste programa de consumo responsábel, as nacionalistas propoñen unha serie de medidas concretas que inclúen: a edición dunha app cunha guía de responsabilidade, o fomento de grupos de consumo responsábel, a edición dunha guía de circuítos curtos de consumo e potenciación dos mesmos con campañas específicas no mercado municipal, a organización de obradoiros de reciclaxe de refugallos domésticos, como elaboración de xabróns reciclando aceite ou de decoración de Nadal, entre outros, e reformular a política de compras de bens do Concello cara este mesmo paradigma de consumo responsábel.
Campaña de apoio ao comercio para rotular os agasallos en galego
Por segundo ano, ademais, o BNG repartirá etiquetas para os agasallos polos comercios de Betanzos e a comarca para apoiar o comercio local e animar ao consumo de produtos galegos. Con esta proposta queren tamén contribuír á normalización do uso de galego tamén nestas datas.
“Con esta campaña pretendemos defender o pequeno comercio galego, os produtos propios e a súa etiquetaxe en galego como maneira de dinamizar a economía de Betanzos e da nosa comarca”, explicouo portavoz municipal do BNG, Henrique del Río