“AS NOSAS PROPOSTAS SON AS QUE BETANZOS PRECISA PARA AVANZAR, O BNG ESTÁ PREPARADO PARA O RETO DE GOBERNAR. BETANZOS TEN UN POTENCIAL ENORME QUE TEMOS QUE POR EN VALOR EN BENEFICIO DA VECIÑANZA”
Henrique del Río, elixido por unanimidade, candidato á Alcaldía de Betanzos polo BNG
“As nosas propostas son as que Betanzos precisa para avanzar, o BNG está preparado para o reto de gobernar. Betanzos ten un potencial enorme que temos que por en valor en beneficio da veciñanza”
“É hora de asumir que o que fai única a esta cidade é o patrimonio, que é a locomotora que ten que tirar do progreso de Betanzos. De facer unha aposta estratéxica por sermos singulares e únicas e xerar riqueza desde o que temos, patrimonio”
“As nosas propostas son as que Betanzos precisa para avanzar, o BNG está preparado para o reto de gobernar. Betanzos ten un potencial enorme que temos que por en valor en beneficio da veciñanza”
“É hora de asumir que o que fai única a esta cidade é o patrimonio, que é a locomotora que ten que tirar do progreso de Betanzos. De facer unha aposta estratéxica por sermos singulares e únicas e xerar riqueza desde o que temos, patrimonio”
Betanzos, 14 de decembro de 2018. O BNG presentou hoxe o seu candidato á alcaldía de Betanzos, Henrique del Río, nun acto público-cea no Matadeiro no barrio da Ribeira. Ao acto acudiu unha nutrida representación de militantes e simpatizantes de Betanzos e da comarca así como os candidatos e candidatas nos demais concellos da comarca e Nestor Rego, membro da executiva nacional do BNG.
O candidato nacionalista, elixido por unanimidade da asemblea, agradeceu “ás compañeiras do BNG, e ás da asemblea local de Betanzos. Porque se hoxe estamos aquí é porque tiveron a firmeza de conviccións necesaria para traernos até hoxe, atravesando o peor momento da historia do nacionalismo organizado, dese movemento social que arrinca con Antolín Faraldo hai máis de século e medio, nas últimas décadas. Se hoxe estamos aquí é porque non vos rendestes, porque tiñades as ideas claras e porque confiastes no proxecto político do nacionalismo galego”.
Del Río aproveitou a oportunidade para presentar un BNG renovado, cun grupo de traballo no que acompañan Amelia Sánchez e Vanesa Rey, ademais de Salvador González e María Bonome. “As nosas propostas son as que Betanzos precisa para avanzar. Pero sobre todo, demostra que o BNG está preparado para o reto de gobernar Betanzos. Temos as ideas claras, un proxecto no que levamos moitos anos traballando para reverter a situación de abandono que ten hoxe a nosa cidade e para darlle o impulso e o protagonismo que merece, sen renunciar a nada. Betanzos ten un potencial enorme e, en lugar de poñelo en beneficio da veciñanza”, afirmou o candidato nacionalista.
“É hora de asumir que o que fai única a esta cidade é o patrimonio, que é a locomotora que ten que tirar do progreso de Betanzos. De facer unha aposta estratéxica por sermos singulares e únicas e xerar riqueza desde o que temos, patrimonio”, afirmou, afondando no modelo de cidade que o BNG defende. “Apostar polos servizos públicos de calidade, dar marcha atrás nas privatizacións onde sexa posíbel e centrar na calidade das prestacións á veciñanza a atención, non no menor custo do servizo. Apostar pola participación da veciñanza e pola posta en valor dos nosos sectores produtivos”, engadiu.
O candidato nacionalista puxo en valor o traballo do BNG nestes últimos anos, “catro anos nos que os únicos cambios, o único positivo para a veciñanza, para o patrimonio, veu precisamente das propostas do BNG. A supresión da ORA, a paralización do aberrante paseo que quería levarse por diante o único tramo virxe do Mandeo que nos queda, a rehabilitación do Mosteiro de Donas que o luns aprobará o Pleno... Son propostas que defendemos en solitario durante moitos anos, conseguindo que a veciñanza se convencese de que eran as mellores para Betanzos”, explicou.
Henrique del Río, concluíu pedindo á veciñanza que apoien o proxecto que “con ilusión e humildade quere cambiar Betanzos para facer do noso patrimonio, do que nos fai diferentes a nosa oportunidade de futuro”.