“COS PARQUES INFANTÍS PECHADOS, OFRECE UNHA ALTERNATIVA SOBRE O FORMIGÓN DAS RÚAS, PERO CANDO REABRAN, TAMÉN PERMITEN AVANZAR CARA UNHA CIDADE PARA OS NENOS”
Propoñemos habilitar zonas de xogo para as crianzas nas beirarrúas
“Cos parques infantís pechados, ofrece unha alternativa sobre o formigón das rúas, pero cando reabran, tamén permiten avanzar cara unha cidade para os nenos”
“Coas beiras dos camiños tal e como están, cheas de broza que invade as calzadas, é practicamente imposible gardar as distancias de seguridade que indican as autoridades sanitarias”
“Coas beiras dos camiños tal e como están, cheas de broza que invade as calzadas, é practicamente imposible gardar as distancias de seguridade que indican as autoridades sanitarias”
Betanzos, 8 de maio de 2020. O Bloque Nacionalista Galego anunciou esta mañá que proporá ao Goberno municipal a habilitación de zonas de xogo pintadas nas beirarrúas na cidade para as crianzas.
O voceiro nacionalista, Henrique del Río, explica que “cos parques pechados, estas zonas de xogo farían máis agradábel a hora de desconfinamento das crianzas no centro urbano”. Explica que a iniciativa permite que as nenas “poidan brincar de maneira segura ao aire libre”.
Destaca que a iniciativa se puxo en marcha polas nacionalistas desde o goberno municipal de Lugo e contou con notable éxito. “Fai máis amábel as beirarrúas do centro, co cal é unha iniciativa que se pode manter no tempo, porque ofrece vantaxes en todo momento”, abunda o edil do BNG.
“Cos parques infantís pechados, ofrece unha alternativa sobre o formigón das rúas, pero cando reabran, tamén permiten avanzar cara unha cidade para os nenos”
Entende, ademais, que o custo da proposta é “moi modesto”. “Cos parques infantís pechados, ofrece unha alternativa sobre o formigón das rúas, pero cando reabran, tamén permiten avanzar cara unha cidade para os nenos”, puntualiza, "adecuando prazas e espazos onde sexa posíbel reservar un recanto para as crianzas sen impedir o tránsito, beirarrúas cun ancho abondo".
Limpar os camiños da zona rural próxima á cidade para garantir distanciamento
As nacionalistas demandaron ao goberno local, ademais, que limpe urxentemente os camiños da zona rural, nomeadamente os que lindan coa propia cidade. “Estes días están a saír moitas persoas, escollendo pasear polos camiños, ben por evitar xente, ben por pisar natureza”, destaca Del Río.
“Coas beiras dos camiños tal e como están, cheas de broza que invade as calzadas, é practicamente imposible gardar as distancias de seguridade que indican as autoridades sanitarias”, explica o voceiro nacionalista. “Acontece en zonas moi concorridas, como o camiño de San Xiao, Caraña ou a Veiga, mais tamén polo Coto ou A Acea” engade.
“Se urxe sempre ter limpos os camiños para poder utilizalos con seguridade, canto máis nunha situación onde debemos gardar distancias con quen se cruce connosco”, abunda.