Pediremos no Pleno implantar un servizo publico de retirada de vehículos da vía pública

Henrique del Río é o voceiro do BNG
Henrique del Río é o voceiro do BNG

“Polo que sabemos o goberno local ven encomendando en determinados casos a retirada de vehículos a unha empresa, mais en moitos casos cando a veciñanza chama aos servizos municipais pedindo que se retiren coches sobre beirarrúas, diante de portas ou sobre vados que impiden o normal tránsito, díselles que non hai guindastre para retiralos”

Desde o BNG explicaron que o Concello ten, conforme ao contrato extinguido, un vehículo guindastre da súa propiedade e ten persoal para facer o traballo ou ten posibilidade de contratar persoal para facelo

Pediremos no Pleno implantar un servizo publico de retirada de vehículos da vía pública

 

“Polo que sabemos o goberno local ven encomendando en determinados casos a retirada de vehículos a unha empresa, mais en moitos casos cando a veciñanza chama aos servizos municipais pedindo que se retiren coches sobre beirarrúas, diante de portas ou sobre vados que impiden o normal tránsito, díselles que non hai guindastre para retiralos”

Desde o BNG explicaron que o Concello ten, conforme ao contrato extinguido, un vehículo guindastre da súa propiedade e ten persoal para facer o traballo ou ten posibilidade de contratar persoal para facelo

Betanzos, 27 de agosto de 2018. O BNG trasladará mañá ao Pleno os problemas derivados da falta de guindastre en Betanzos desde febreiro de 2017. “Desde febreiro do pasado ano, e logo de varias prórrogas irregulares, o Concello quedou sen contrato para o servizo de retirada de vehículos na vía pública, o guindastre”, explicou o portavoz do BNG, Henrique del Río. “Sabemos que intentaron contratar a través dun procedemento negociado, iniciado o pasado 11 de xaneiro, incumprindo os acordos sobre contratación pública deste Concello, o executivo local decidiu convidar só a tres empresas e que este procedemento quedou deserto. O que non entendemos é porque non intentaron solucionar o problema a través da xestión directa do servizo e manteñen á veciñanza sen guindastre cos problemas que iso provoca”, engadiu o portavoz nacionalistas.

“Polo que sabemos o goberno local ven encomendando en determinados casos a retirada de vehículos a unha empresa, mais en moitos casos cando a veciñanza chama aos servizos municipais pedindo que se retiren coches sobre beirarrúas, diante de portas ou sobre vados que impiden o normal tránsito, díselles que non hai guindastre para retiralos”, informou o portavoz nacionalista. “A pesar de que o goberno local anunciara, cando se puxo fin ao contrato de ORA e guindastre, que seguiría dando o servizo. Hai meses outro grupo trouxo a pleno este tema, sen que vexamos solucións para este problema”, indicou.

Desde o BNG explicaron que o Concello ten, conforme ao contrato extinguido, un vehículo guindastre da súa propiedade e ten persoal para facer o traballo ou ten posibilidade de contratar persoal para facelo. Os nacionalistas pedirán mañá ao goberno local que implante un servizo publico de retirada de vehículos da vía publica, formando ou contratando persoal municipal.

“No BNG temos a sensación de que o goberno local tentou gañar tempo con esta situación, sen buscar ningún tipo de solución, para provocar un escenario que levase a asumir á veciñanza que non hai alternativa posible ao contrato de ORA e guindastre inzado de irregularidades que se extinguiu en febreiro do pasado ano. E no que chega ese escenario, é a veciñanza quen está a pagar as consecuencias deste modo de actuar do goberno local, con prexuízos a diario”, concluíu o portavoz nacionalista.

Pediremos no Pleno implantar un servizo publico de retirada de vehículos da vía pública