Lamentamos o novo contrato da ORA sen sequera valorar antes un modelo gratuíto
“O goberno local afirmou que valoraría un sistema gratuíto cando vencera este contrato no ano 2022. Consideramos que isto é unha tomadura de pelo, porque nada lle impide facelo hoxe mesmo e o único motivo para manter a ORA é o beneficio económico que pagaremos todos os veciños e veciñas”,
“O goberno local afirmou que valoraría un sistema gratuíto cando vencera este contrato no ano 2022. Consideramos que isto é unha tomadura de pelo, porque nada lle impide facelo hoxe mesmo e o único motivo para manter a ORA é o beneficio económico que pagaremos todos os veciños e veciñas”
Betanzos, 5 de maio de 2017. O BNG lamentou que o goberno local teime en facer unha nova concesión para seguir cobrando por estacionar nas rúas. "Levamos anos defendendo cambiar a ORA por un sistema gratuíto de rotación do aparcamento no centro" explicou o voceiro nacionalista, Henrique del Río.
As nacionalistas sosteñen que é un sistema inxusto porque cobra unha taxa sen atender a capacidade económica das persoas. "E non cumpre o seu cometido, por iso o goberno local tivo a ocorrencia dos 20 minutos gratis para o aparcamento do Campo" abunda o edil.
Desde o BNG lamentan a "política de feitos consumados" do goberno local. "Presentaron unha nova ordenanza da ORA, colaron o parking express no Casco Histórico e xa aprobaron instalar cámaras nas rúas para levar conta del" relata Del Río. “Onte na comisión de tráfico, en lugar de valorar alternativas trasladáronnos o contido do prego para volve privatizar as rúas" indicou.
As nacionalistas lembraron que o goberno local ven de gastar 30 mil euros na instalación destas cámaras. “Afirmaron no Pleno que comprar estas cámaras non era sinónimo de permitir o aparcamento nas principais rúas e prazas do Casco Histórico e que se ía falar nunha próxima comisión de tráfico, mais á comisión que se celebrou onte referíronse á proposta de ordenanza que xa nos enviaran para sacar de novo a concesión a ORA e o parking express a unha empresa privada sen dar lugar a ningún tipo de participación da veciñanza”, engadiu.
“O goberno local afirmou que valoraría un sistema gratuíto cando vencera este contrato no ano 2022. Consideramos que isto é unha tomadura de pelo, porque nada lle impide facelo hoxe mesmo e o único motivo para manter a ORA é o beneficio económico que pagaremos todos os veciños e veciñas”, concluíu o portavoz do BNG.