Levamos ao Pleno os problemas de filtracións da rede de saneamento nalgúns garaxes da Rúa Rosalía de Castro

Google Maps evidencia o estacionamento tolerado no interior da rotonda do Rollo
A rúa Rosalía de Castro desde a rotonda do Rollo

“A demora na solución dos problemas en Rosalía de Castro expón ao Concello a pagar cuantiosas indemnizacións.” “A día de hoxe, sospeitamos que o Concello non ten enriba da mesa ningunha medida concreta”.

Levamos ao Pleno os problemas de filtracións da rede de saneamento nalgúns garaxes da Rúa Rosalía de Castro

“A demora na solución dos problemas en Rosalía de Castro expón ao Concello a pagar cuantiosas indemnizacións.” “A día de hoxe, sospeitamos que o Concello non ten enriba da mesa ningunha medida concreta”.

Betanzos, 8 de marzo de 2017. O  BNG e levou ao Pleno o malestar da veciñanza da rúa Rosalía de Castro a causa das filtracións en varios garaxes desta vía entre os números 20 ao 24. As nacionalistas instaron ao goberno a adoptar as medidas oportunas para eliminar as filtracións procedentes da rede municipal de saneamento.

O BNG recordou que estas queixas por filtracións non son novas. A veciñanza xa hai tempo que ven reclamando unha solución ao goberno local, pois entenden que a orixe esta nunha avaría na subministración da auga. “O concelleiro de urbanismo deu a entender no Pleno que as filtracións nos garaxes eran debidas a defectos estruturais dos propios edificios”, lembra o concelleiro do BNG, Henrique del Río.

Así, mentres o goberno insiste en que a responsabilidade é do construtor, as veciñas informaron ao BNG do parecer dos técnicos da empresa concesionaria do saneamento, que terían recoñecido á veciñanza que estas filtracións en realidade son debidas a unha avaría no entronque da rede de pluviais provinte da rúa Castelao.

Desde o BNG reclaman unha solución urxente a un problema “de anos” e advirte que esta demora, como noutras ocasións, pode expor ao Concello, “e por tanto a todas nós” a ter que pagar indemnizacións polos danos producidos no edificio a causa do mal funcionamento dun servizo municipal como é o saneamento.

“A día de hoxe, descoñecemos as medidas que pensa adoptar o Concello, pero moito nos tememos que só hai unha: botarlle a culpa a outro”, remata de xeito rotundo Henrique del Río.
 

Levamos ao Pleno os problemas de filtracións da rede de saneamento nalgúns garaxes da Rúa Rosalía de Castro