Por iniciativa do BNG, o Pleno exixe á Xunta que desenvolva a Lei contra a violencia machista
"No informe elaborado a finais de 2008 pola Secretaría Xeral de Igualdade sobre o desenvolvemento da Lei 11/2007" que segundo Del Río "puña de manifesto a existencia dun borrador de decreto no que se estaba traballando a fin de poder cumprir con este mandato legal de poñer en funcionamento o Observatorio, e a pesar disto, a día de hoxe, non hai ningunha medida ao respecto".
"No informe elaborado a finais de 2008 pola Secretaría Xeral de Igualdade sobre o desenvolvemento da Lei 11/2007" que segundo Del Río "puña de manifesto a existencia dun borrador de decreto no que se estaba traballando a fin de poder cumprir con este mandato legal de poñer en funcionamento o Observatorio, e a pesar disto, a día de hoxe, non hai ningunha medida ao respecto".
Betanzos, 25 de novembro de 2011. O BNG presentou no último Pleno ordinario unha moción para reclamar á Xunta de Galiza o desenvolvemento íntegro da Lei contra a violencia de xénero, que os nacionalistas aprobaron e impulsaron cando tiveron responsabilidades no goberno galego. "A violencia de xénero constitúe unha vulneración dos dereitos fundamentais das mulleres", indicou no debate o portavoz municipal do BNG, Henrique del Río, que afirmou que "é a manifestación máis clara e brutal da desigualdade aínda existente entre mulleres e homes na nosa sociedade, poñendo de manifesto que falta moito camiño por andar até rematar completamente coa discriminación e subordinación das mulleres e acadar unha sociedade igualitaria".
O voceiro nacionalista aludiu a unha moción semellante presentada polo BNG un ano antes, porque "a pesar das diversas peticións do BNG, o goberno do PP na Xunta de Galiza, non puxo en funcionamento os instrumentos lexislativos previstos para a protección das vítimas de violencia de xénero, é máis, parece considerar prescindíbeis e superfluas a maior parte das accións preventivas e doutro tipo que se viñan poñendo en marcha nos últimos anos de cara á erradicación da violencia de xénero". Apoiou esta afirmación "no informe elaborado a finais de 2008 pola Secretaría Xeral de Igualdade sobre o desenvolvemento da Lei 11/2007" que segundo Del Río "puña de manifesto a existencia dun borrador de decreto no que se estaba traballando a fin de poder cumprir con este mandato legal de poñer en funcionamento o Observatorio, e a pesar disto, a día de hoxe, non hai ningunha medida ao respecto". "Son, insisto, os datos que dá o propio goberno galego, non datos elaborados polo BNG" asegurou Henrique del Río.