Denunciamos no Pleno o estado de abandono do xardín situado no cruce das rúas Irmandades da Fala e Cruz Verde

Henrique del Río é o voceiro do BNG
Henrique del Río é o voceiro do BNG

"O xardín, desde logo, é máis un problema a día de hoxe que unha zona de lecer para a veciñanza"

Denunciamos no Pleno o estado de abandono do xardín situado no cruce das rúas Irmandades da Fala e Cruz Verde

"O xardín, desde logo, é máis un problema a día de hoxe que unha zona de lecer para a veciñanza"

Betanzos, 3 de setembro de 2018. O BNG denunciou no Pleno o estado de abandono do xardín situado no cruce das rúas Irmandades da Fala e Cruz Verde. Segundo indicou o voceiro nacionalista, Henrique del Río, foi a propia veciñanza da zona quen se dirixiu ao BNG para denunciar o abandono desta pequena zona verde sen mantemento desde hai meses.

"O xardín, desde logo, é máis un problema a día de hoxe que unha zona de lecer para a veciñanza", indica Del Río, que advirte dos problemas de salubridade que ocasiona á veciñanza por ter herba e sebes abandonadas e altas. Segundo a veciñanza indicou ás nacionalistas, "ademais de insectos e outros animais prexudiciais, a altura e o abandono da vexetación supoñen mesmo un perigo se planta lume.

Por este motivo, demandaron ao goberno local que acondicione este espazo. "Betanzos non está precisamente sobrado de zonas verdes, senón que o modelo de cidade do PSOE provocou unha carencia de parques e xardíns en todo o Concello", explica Henrique del Río. "Por este motivo, aínda nos parece máis abraiante que non sexan capaces de atender o pouco que temos e que toda a preocupación por estes espazos sexa privatizar o seu mantemento", engade.
 

Denunciamos no Pleno o estado de abandono do xardín situado no cruce das rúas Irmandades da Fala e Cruz Verde