O BNG traslada ao Pleno as queixas dos usuarios do porto de Betanzos polo anuncio de Portos de Galiza de comezar a cobrar os amarres

Restos de lixo e embarcacións no porto
Restos de lixo e embarcacións no porto

O BNG pediu que o Pleno inste a Portos de Galiza a recuar na súa intención de cobrar os amarres no peirao de Betanzos mentres non reúna as condicións axeitadas e equiparábeis ás de calquera outro porto galego así como a solucionar os problemas de infraestruturas que presenta o peirao betanceiro

O BNG traslada ao Pleno as queixas dos usuarios do porto de Betanzos polo anuncio de Portos de Galiza de comezar a cobrar os amarres

Betanzos, 26 de outubro de 2021.- O BNG traslada ao Pleno as queixas dos usuarios do porto de Betanzos polo anuncio de Portos de Galiza de comezar a cobrar os amarres. “O pasado 31 de agosto a través dun bando, Portos de Galiza comunicaba a todas as usuarias do peirao brigantino a intención da institución de comezar a cobrar os amarres das embarcacións na zona comprendida entre a estación depuradora e a ponte do ferrocarril. Segundo os diferentes tipos de taxas que existen neste ámbito, só lles sería cobrada a taxa de fondeo”, explicou a portavoz do BNG Amelia Sánchez.

“Da mesma maneira, o mencionado bando tamén instaba ás propietarias de embarcacións a regularizar a situación dos seus barcos co fin de regular, racionalizar e facilitar a navegación nas augas do porto de Betanzos”, engadiu a portavoz do BNG. Isto provocou as queixas das persoas usuarias do peirao xa que teñen contactado en numerosas ocasións con Portos de Galiza para que solvente os numerosos problemas de infraestruturas do porto -limpeza, iluminación, xestión de residuos, escaseza de amarres, carencia dun pantalán...- sen obter nunca resposta a estas peticións”, explicou Amelia Sánchez. “Ademais é imposíbel formalizar as taxas e realizar o pagamento dos amarres e xa que a aplicación habilitada nin sequera recollía o Porto de Betanzos como instalación”, engadiu. 

Por este motivo o BNG pediu que o Pleno inste a Portos de Galiza a recuar na súa intención de cobrar os amarres no peirao de Betanzos mentres non reúna as condicións axeitadas e equiparábeis ás de calquera outro porto galego así como a solucionar os problemas de infraestruturas que presenta o peirao betanceiro. 

Por últimos desde o grupo nacionalista pediron tamén que se instale unha nova toma de auga nas inmediacións da rampla de acceso das embarcacións á ría e solucionar aquelas cuestións que teñen a ver coa xestión municipal: limpeza, luz, auga e seguranza. 

O BNG traslada ao Pleno as queixas dos usuarios do porto de Betanzos polo anuncio de Portos de Galiza de comezar a cobrar os amarres