O BNG reclamou no Pleno a restitución do cruceiro de Bellavista
Betanzos, 4 de marzo de 2021. O BNG reclamou no Pleno a restitución do cruceiro de Bellavista. “En outubro de 2019 o goberno local autorizaba a demolición dunha vivenda unifamiliar situada no cruzamento da avenida de Castela coa rúa Concepción Arenal, en Bellavista. A carón dela está emprazado o cruceiro da Cruz Verde, que permanece supostamente confinado dentro dun caixón metálico para protexelo do derrubo”, explicou a portavoz do BNG, Amelia Sánchez.
“Os traballos aparentemente remataron hai meses, mais esta peza do patrimonio histórico da cidade continúa supostamente confinada no caixón”, engadiu. Por este motivo o BNG pediu ao goberno local que reclame ao promotor da demolición a restitución do cruceiro o antes posíbel.
Ademais desde o BNG pediron actuacións específicas para poñer en valor o cruceiro e a súa historia e a posta en valor dos restantes cruceiros do concello.