O BNG insistiu no Pleno en reclamar a convocatoria das bolsas de material escolar

Amelia Sánchez é a portavoz do BNG
Amelia Sánchez é a portavoz do BNG

Desde o BNG explicaron que desde o mes de setembro en que as familias tiveron que mercar o material para principio de curso non é de recibo que en marzo sigan sen convocar as axudas

O BNG insistiu no Pleno en reclamar a convocatoria das bolsas de material escolar

Betanzos, 9 de marzo de 2021. O BNG insistiu no Pleno en reclamar a convocatoria das bolsas de material escolar. “No pleno do pasado mes de decembro preguntabamos polo retraso na convocatoria das bolsas de material escolar. Ao mes seguinte respondíanos que se estaba a traballar nun novo texto para sacar esta convocatoria mais xa estamos no mes de marzo e estas bolsas aínda non se convocaron”, explicou a portavoz do BNG, Amelia Sánchez. 

A portavoz do BNG reclamou axilidade ao goberno local “na publicación dunhas axudas que se fan imprescindíbeis nun momento como o actual”, engadiu. Desde o BNG explicaron que desde o mes de setembro en que as familias tiveron que mercar o material para principio de curso non é de recibo que en marzo sigan sen convocar as axudas. “É así como se incrementa o gasto social e o apoio ás familias en plena pandemia?”, criticou a portavoz nacionalista.

O BNG insistiu no Pleno en reclamar a convocatoria das bolsas de material escolar