O BNG pregúntalle ao Goberno local cantos cartos públicos destinará á organización da Semana Santa
Os poderes públicos teñen que ser neutrais en materia de relixión porque representan tanto cidadáns e cidadás con crenzas como cidadáns e cidadás sen crenzas relixosa, que deben ser tratados exactamente igual
Os poderes públicos teñen que ser neutrais en materia de relixión porque representan tanto cidadáns e cidadás con crenzas como cidadáns e cidadás sen crenzas relixosa, que deben ser tratados exactamente igual
Betanzos, 5 de marzo de 2012. O BNG cuestionou no último Pleno do Concello de Betanzos que se financien con cartos de todos de publicacións de contido relixioso con motivo da Semana Santa. Con cartos públicos véñense financiando publicacións de contido relixioso que van máis alá do carácter artístico ou turístico que poidan ter as celebracións de Semana Santa, declarou o concelleiro nacionalista Xosé Vales, publicacións que, por certo, se redactan só en español, excluíndo a outra lingua oficial de Galiza.
O BNG criticou que no momento de crise económica que estamos vivindo se sigan adicando cartos públicos a financiar actividades da igrexa católica, a igrexa católica xa ten financiación dabondo, de feito no que ten relación cos concellos esta exenta do pago dalgúns impostos como o IBI, engadiu Vales. Nesta liña os nacionalistas pediron ao goberno do PSOE que informe aos veciños e veciñas de que cantidade vai dedicar o Concello de Betanzos a financiar estas actividades.
Ademais, obviando o carácter aconfesional do Estado español e das súas institucións que establece a Constitución española, o Concello de Betanzos vén colgando crespóns e outros elementos alusivos á relixión católica en edificios municipais como a Torre do Reloxo, o balcón do museo ou a propia casa do Concello. Os nacionalistas preguntaron ao goberno local se teñen pensado repetir estas prácticas propias doutras épocas?. A este respecto, o BNG lembra que a acofensionalidade do Estado español implica a súa neutralidade.
Por último, o BNG non concibe que os representantes lexítimos dos betanceiros e betanceiras se poñan aos pés da Igrexa, vulnerando a aconfesionalidade dos poderes públicos. E é que os poderes públicos teñen que ser neutrais nesta materia porque representan tanto cidadáns e cidadás con crenzas como cidadáns e cidadás sen crenzas relixosa, que deben ser tratados exactamente igual.
Financiamento municipal á Igrexa
O edil do BNG criticou tamén que o Concello achegue aínda máis cartos á Igrexa Católica en forma de subvencións para estes actos, convenios nominativos a entidades da Igrexa como Cáritas ou donativos a congregacións e cregos durante oficios relixiosos aos que asiste oficialmente a Corporación. "Non teñen sentido nun estado aconfesional", engadiu.